miniatura|En Bucarest en 2012. Gaynor Hopkins, nada en Skewen, Neath, Gales, o 8 de xuño de 1951 e finada en Faro (Portugal) o 8 de xullo de 2026 foi unha cantante galesa, coñecida mundialmente como Bonnie Tyler.

Traxectoria Diverxencias cos seus produtores, que querían transformala nunha cantante country, fixérona cambiar a outra compañía, a CBS e contratar un novo produtor, Jim Steinman, famoso polo seu traballo con Meat Loaf, e o resultado foi a épica balada "Total Eclipse of the Heart" coa que se converteu na única artista galesa a colocar unha canción no número 1 no Reino Unido e os Estados Unidos ao mesmo tempo. Tivo despois outros éxitos como "Holding Out for a Hero" e "Here She Comes", pola que foi candidata ao Grammy á mellor cantante de rock.

En 2006 celebrou trinta anos de carreira co seu primeiro disco en vivo, Bonnie Tyler Live. Participou no Festival de Eurovisión 2013 como representante do Reino Unido coa canción "Believe in me". En 2023, como parte da súa nova xira europea chamada Bonnie Tyler Live 2023, ofreceu un importante concerto en Lisboa para celebrar o 40 aniversario do éxito atemporal Total Eclipse of the Heart.

En xuño de 2026 adiou os concertos previstos para ese verán logo de ingresar doente nun hospital en Faro (Portugal). Alí, tras unha intervención por problemas intestinais, o seu cuadro complicouse por fallos cardíacos tras 48 días en coma inducido. Finalmente, pasou o 9 de xullo de 2026.

Discografía Discos de estudio The World Starts Tonight (1977) Natural Force (1978) Diamond Cut (1979) Goodbye to the Island (1981) Faster Than the Speed of Night (1983) Secret Dreams and Forbidden Fire (1986) Hide Your Heart (Notes from America) (1988) Bitterblue (1991) Angel Heart (1992) Silhouette in Red (1993) Free Spirit (1995) All in One Voice (1998) Heart Strings (2002) Simply Believe (2004) Wings (2005) Rocks & Honey (2013)

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Nados en Neath Categoría:Nados en 1951 Categoría:Cantantes de Gales Categoría:Finados en 2026