O Grupo Renault participou na Fórmula Un como construtor, baixo o nome de Renault Sport Fórmula 1 Team. Involucráronse coa Fórmula 1 tanto como construtores como fornecedores de motores durante varios períodos desde . En 1977, a empresa entrou na Fórmula Un como construtor, presentando o motor Turbo no seu primeiro coche de Fórmula Un, o Renault RS01. En , Renault comezou a fornecer motores a outros equipos. Aínda que o equipo Renault gañou carreiras e competiu polo título mundial, retirouse ao final da tempada de . Renault continuou fornecendo motores a outros equipos ata , e de novo de a .
Renault volveu á Fórmula Un no , cando adquiriu a base do equipo Benetton Formula (anteriormente Toleman Motorsport) en Enstone, un equipo que gañara o campionato de pilotos en e ambos o campionatos, pilotos e construtores, en . En Renault rebautizou o equipo como "Renault F1 Team" e empezaron a usar "Renault", como o seu nome de construtor, posteriormente gañou dous campionatos de pilotos e de construtores dous anos seguidos, en e .
Para a tempada de Fórmula Un o equipo competiu baixo o nome de Lotus Renault GP En , o equipo correu como Lotus F1, ata , cando o equipo regresou ao control de Renault como fabricante oficial. Ao remate da tempada a compañía francesa Grupo Renault propietario de Renault F1 Team decidiu cambiar o nome para o 2021 para promover a marca de vehículos deportivos de Renault, Alpine, e continuara sendo o equipo oficial de Renault.
Renault tamén forneceu motores a outros equipos, incluíndo Team Lotus (1983-1987), Benetton Formula (1995-1997, 2001) e Williams (1989-97, 2012-13). Ademais dos dous campionatos propios de pilotos (, ) e dos dous de construtores , como fornecedor de motores, Renault contribuíu a outros nove Campionatos do Mundo de Pilotos. Logrou máis de 160 vitorias como fornecedor de motores, ocupando o terceiro lugar na historia da Fórmula Un.
Construtor
Équipe Renault Elf (1977-1985)
Tempada 1977
miniatura|188px | Motor Renault turbo de 1,5 litros A primeira participación de Renault na Fórmula Un foi a través da súa filial Renault Sport. Renault participou en cinco das últimas carreiras de con Jean-Pierre Jabouille nun único coche. O Renault RS01 era ben coñecido polo seu motor Renault - Gordini V6 1.5 L turboalimentado, o primeiro motor turbo utilizado regularmente na historia da Fórmula Un. O coche e o motor de Jabouille demostraron ser moi pouco fiables e convertéronse nunha especie de broma durante as súas primeiras carreiras, gañando o alcume de "a teteira amarela" e non terminou ningunha das súas carreiras malia ser moi potente.
A primeira carreira do equipo, baixo o nome de Equipe Renault Elf, ía ser o Gran Premio de Francia de 1977, a novena proba da tempada, pero o coche aínda non estaba listo. O debut do equipo atrasouse ata a seguinte rolda, o Gran Premio do Reino Unido de 1977, a primeira sesión de cualificación do coche non foi un éxito, e Jabouille cualificou 21º dos 30 corredores e 26 participantes, 1,62 segundos por detrás do pole James Hunt no McLaren. Jabouille funcionou ben na carreira, alcanzando o 16º posto antes de que o turbo do coche fallase na volta 17. O equipo perdeuse os grandes premios alemán e austríaco o coche estaba mellorando logo da súa decepción británica. Volveron no Gran Premio dos Países Baixos de 1977, e o rendemento en cualificación mellorou moito con Jabouille décimo clasificado. Fixo un mal comezo, pero chegou a estar sexto antes de retirarse por un fallo na volta 40.
O equipo fixo unha cualificación deficiente na volta do equipo en Italia, con Jabouille 20º cualificado. Correu fóra dos 10 primeiros ata que o seu motor fallou na volta 24, continuando a súa horrible racha de fiabilidade. As cousas melloraron en Watkins Glen no Gran Premio dos Estados Unidos de 1977 con Jabouille 14º cualificado, pero o bo ritmo de Zandvoort desapareceu e unha vez máis correu fóra dos 10 primeiros, antes de retirarse con outro problema de fiabilidade, esta vez o alternador, na volta 31. Jabouille non puido cualificarse en Canadá, só 27 pilotos entraban na carreira, unicamente un piloto non cualificaba, e foi Jabouille que terminou a máis de 7,5 segundos detrás do máis rápido Mario Andretti de Lotus, e case dous segundos por detrás o seu rival máis próximo, Rupert Keegan no Hesketh. Logo disto, Renault non viaxou á carreira final de tempada no Xapón.
Tempada 1978
O ano seguinte foi apenas mellor, se caracterizou por catro retiradas consecutivas causados por rebentóns dos motores, pero preto do final do ano, o equipo mostrou signos de éxito. En dúas ocasións, o RS01 cualificou 3º na grella e mentres que finalizar carreiras aínda era un problema, logrou terminar a súa primeira carreira na volta do líder en Watkins Glen cerca do final da tempada de , dando ao equipo un cuarto posto e os seus primeiros puntos na Fórmula Un.
miniatura| left | 188px | En 1979, o Renault RS10 converteuse no primeiro turboalimentado coche en gañar un Gran Premio.
O equipo non participou nas dúas primeiras carreiras de , en Arxentina e Brasil, pero regresou no Gran Premio de Suráfrica de 1978 no Circuíto de Kyalami. Jabouille logrou a mellor posición de cualificación de Renault ata a data, co sexto lugar, xusto 0,71 segundos detrás do pole Niki Lauda no Brabham. Corría fora dos puntos de inicio da carreira antes de retirarse con problemas eléctricos na volta 39. En Long Beach, Jabouille cualificou 13º, pero retirouse cando o turbo fallou outra vez na volta 44. Foi duodécimo na cualificación no primeiro Gran Premio de Mónaco do equipo, logrando a primeira meta do equipo na Fórmula Un, terminando en décimo lugar a catro voltas do vencedor Patrick Depailler no Tyrrell.
Tempada 1979
Aumentaron a dous pilotos, René Arnoux uniuse a Jabouille, o equipo seguiu loitando aínda que Jabouille obtivo unha pole en Suráfrica. A mediados da tempada, ambos pilotos tiñan un coche novo co efecto solo, o RS10, e en Dijon para o Gran Premio de Francia o equipo logrou unha brillante actuación nunha carreira clásica. Os dous Renault estaban nos primeiros postos na cualificación, e o gañador da pole, Jabouille gañou a carreira, o primeiro piloto en facelo nun coche turbo, mentres que Arnoux e Gilles Villeneuve víronse involucrados nun duelo moi competitivo para o segundo lugar, Arnoux foi superado cerca da liña de meta. Mentres Jabouille non volveu a conseguir bos resultados no resto da tempada, Arnoux terminou segundo na seguinte carreira en Silverstone e logo repetiu que en Glen, demostrando que non foi un golpe de sorte.
Tempadas 1980-83
Arnoux profundou nesta mellora en con vitorias consecutivas en Brasil e Suráfrica, ambas en circuítos a grande altitude onde os Renault eran dominantes. Jabouille continuou tendo problemas coas retiradas, e os seus únicos puntos logrounos coa vitoria en Austria. Ao final do ano Jabouille estrelouse con forza no GP do Canadá e sufriu graves lesións nas pernas, o que puxo fin á súa carreira como piloto de Gran Premio. Para ficharon a Alain Prost. Nos seus tres anos co equipo, Prost mostrou a forma que o faría unha lenda da Fórmula Un e os Renault estiveron entre os mellores na Fórmula Un, terminaron dúas veces terceiros no Campionato de Construtores e unha vez segundos. Prost gañou nove carreiras co equipo, mentres que Arnoux engadiu dúas máis en . logo de 1982 Arnoux deixou o equipo e marchou a Ferrari, foi substituído polo norteamericano Eddie Cheever. En , Renault e Prost estiveron moi preto de gañar o título de pilotos, pero finalmente foron superados por Nelson Piquet ( Brabham-BMW) na última carreira da tempada en Suráfrica. Tralo final da tempada, unha empresa de combustible rival, dixo que o combustible utilizado polos Brabham-BMW en Suráfrica superara o máximo octanaxe de 102 permitido baixo a normativa da Fórmula Un. BMW alegou que isto era incorrecto e a FISA deu a coñecer un expediente de apoio á súa postura. Non se tomaron medidas. pp.267—269
miniatura| right | 188px | Derek Warwick cualificou terceiro para Renault no Gran Premio de Dallas de 1984, pero trompeou logo de 10 voltas
Tempadas 1984-85
Prost foi despedido dous días despois do final da tempada de a raíz dos seus comentarios públicos sobre a falta de desenvolvemento do Renault RE40, que provocou á súa derrota ante Piquet e a derrota do equipo ante Ferrari no campionato de construtores de 1983. Posteriormente, uniuse a McLaren, mentres que Cheever marchou para unirse a Alfa Romeo. O equipo fichou ao francés Patrick Tambay (que deixara Ferrari) e ao inglés Derek Warwick (antes de Toleman). Malia algúns bos resultados, incluíndo a pole position de Tambay que foi a última do equipo no Gran Premio de Francia de 1984 en Dijon, o equipo non era tan competitivo en e como no pasado, outros equipos fixeron un mellor traballo cos motores turbo, ou máis especificamente Lotus e en menor medida Ligier. proporcionou outra novidade na F1, xa que o equipo correu cun terceiro coche en Alemaña no novo Nürburgring e montou a primeira cámara de a bordo, que permitía conectar en directo coa audiencia de televisión. Pilotado polo francés François Hesnault, o coche só aguantou 8 voltas antes de que un problema co embrague obrigarano a retirarse. En , xurdiron graves problemas financeiros en Renault e na empresa xa non podían xustificar os grandes gastos necesarios para manter a competitividade do equipo de carreiras. O CEO Georges Besse recortou a participación da compañía no equipo de F1 de carreiras e no desenvolvemento de motores para a tempada antes de cerrar por completo o equipo da F1 ao final dese ano.
Equipo Renault F1 (2002-2010) O 16 de marzo de 2000, Renault comprou Benetton Formula Limited por 120 $ millóns, para volver á Fórmula Un. A historia do equipo adquirido por Renault comezou en como o equipo Toleman Motorsport, con sede en Witney, Oxfordshire, Inglaterra. En o equipo pasou a chamarse a Benetton Formula, trala compra en pola familia Benetton. En 1992/3 o equipo trasladouse a unhas poucas millas a unha nova base en Enstone. Michael Schumacher gañou o campionato de pilotos co equipo en e . En 1995, o equipo tamén gañou o Campionato de Construtores, con Johnny Herbert pilotando xunto a Schumacher.
Renault continuou utilizando o nome do construtor Benetton nas tempadas e . Ao informar sobre a compra o International Herald Tribune, comentou que "o equipo non vai presentarse nas carreiras baixo o nome de Renault ata que estea listo para gañar e aproveitar os beneficios de mercadotecnia" non foi ata que produciuse este cambio de nome.
miniatura|188px | Os membros do equipo de mecánicos de Renault F1 en 2002. miniatura|188px|Jarno Trulli pilotando un Renault R23 en Gran Premio dos Estados Unidos de 2003
Tempada 2002
En , Benetton foi renomeado como Renault F1 e disputou a tempada cos pilotos Jarno Trulli e Jenson Button quen anotou 23 puntos na tempada.
Tempada 2003
Malia superar ao seu compañeiro de equipo durante o ano 2002, Button foi despedido de Renault en . O seu substituto foi o español Fernando Alonso, que impresionara como piloto de probas o ano anterior. Alonso gañou o Gran Premio de Hungría de 2003, a primeira vez que Renault gañaba un Gran Premio desde o Gran Premio de Austria de 1983. Renault durante esta período fixo innovadores deseños non estándar tales como o motor 10 cilindros 111° para o RS23 de 2003 que foi deseñado para reducir eficazmente o centro de gravidade do motor e polo tanto mellorar o manexo do coche. Isto a longo prazo resultou ser demasiado pouco fiable e pesado, polo que Renault regresou a unha liña de desenvolvemento máis convencional.
Tempada 2004
miniatura | left | Fernando Alonso no Gran Premio dos Estados Unidos de 2004