Nadine Sierra, nada en Fort Lauderdale o 17 de maio de 1988, é unha soprano lírica estadounidense.

Traxectoria Naceu en Fort Lauderdale, Florida, en 1988. Asistiu á Alexander W. Dreyfoos School of the Arts en West Palm Beach, Florida«Young Singers Await Their Big Moment at the Met.» e formouse no Mannes College of Music e na Music Academy of the West, de Marilyn Horne.

Cantou cando tiña 14 anos coa Palm Beach Opera e fixo a súa estrea operística con 15 anos en Hänsel e Gretel de Engelbert Humperdinck. Nese mesmo ano apareceu no programa da radio pública italiana interpretando O mio babbino caro de Gianni Schicchi. Fixo o seu primeiro concerto en Helsinqui no 2009.

En outubro de 2009 cantou no Cruceiro Mediterráneo Marilyn Horne que percorreu Italia, Croacia, Turquía e Grecia. En xaneiro de 2011 regresou a Palm Beach Opera con Orfeo e Eurídice no papel protagonista. En xaneiro de 2012, apareceu como Gilda en Rigoletto na Florida Grand Opera, papel no que apareceu tamén en 2013 no Teatro San Carlo de Nápoles, na Metropolitan Opera House en 2015 e en xaneiro 2016 na La Scala de Milán con Leo Nucci.«La «deb» e il fuori classe.»«Una nuova Gilda: "Dai grandi colleghi ho imparato a essere vera".»

Cantou no Concerto de Aninovo 2016 en La Fenice de Venecia con Stefano Secco«Concerto di Capodanno: alla Fenice si apre il 2016 in musica.» e no Concerto de Aninovo 2017 en Teatro Massimo de Palermo.

Premios Entre outros:

2007: Palm Beach Opera Vocal Competition 2009: Metropolitan Opera National Council Auditions 2009: Florida Grand Opera Competition, Primeiro premio categoría xove, Miami 2010: Gerda Lissner Foundation Competition, Unua premio, Nova York 2013: Neue Stimmen, Primeiro premio do xurado popular, Gütersloh

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas nadinesierra.com, páxina oficial (inglés).

Categoría:Sopranos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en Fort Lauderdale Categoría:Nados en 1988