Fort Lauderdale (ou Ft. Lauderdale) é unha cidade do condado de Broward, no estado de Florida, nos Estados Unidos de América. No censo de 2013 tiña unha poboación de 172.389 habitantes e unha densidade de poboación de 1723,89 hab/km².

O nome da cidade vén do militar William Lauderdale, que en 1838 tiña aquí unha fortaleza militar.

Nados en Fort Lauderdale

Justin Bartha, (1978) actor Keyon Dooling, (1980) ex xogador de baloncesto Nadine Sierra, (1988) soprano

Finados en Fort Lauderdale

Jackie Gleason, (1916-1987) actor e humorista Leslie Nielsen, (1926-2010) actor

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial

Categoría:Cidades de Florida