Santo André de Xeve é unha parroquia que se localiza no concello de Pontevedra. Segundo o padrón municipal de 2017 tiña 1.066 habitantes (560 mulleres e 506 homes), distribuídos en 6 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 2004 cando tiña 1.219 habitantes. Até 1944 pertenceu ao concello de Xeve como concello independente, aínda que agora pertence ó de Pontevedra.

A parroquia sitúase no nordeste da cidade e linda con Santa María de Xeve, Mourente, Bora, así como co veciño concello de Cerdedo Cotobade.

Lugares de interese Na parroquia emprázase o campo de tiro de Cernadiñas Novas, onde se celebran competicións nesta modalidade deportiva. Destacan a igrexa parroquial (do século XVI e reformada no XVII), a casa reitoral, situada nas súas inmediacións, e a capela de san Roque.

Celebracións relixiosas O patrón da parroquia é santo André e a súa festa celébrase o día 30 de novembro. Tamén se celebran os días de san Roque, do Santísimo (no primeiro domingo despois do Corpus Christi) e da Virxe do Carme (o terceiro domingo de agosto).

Xeve na literatura popular Os dous refráns seguintes foron recollidos por Bouza Brey"Teatro de carnaval de Galicia", en Etnografía y folklore de Galicia. tomo II, Xerais 1982, 203. O artigo fora xa publicado en Revista de Dialectología y tradiciones populares, tomo V, Madrid 1949. aplicados ós afamados canteiros de Xeve e da parroquia estremeira de Bora. Explica que os canteiros desta localidade teñen sona de aduaneiros. De Bora, un, e de Xeve, ningún. Un de Xeve e outro de Bora botan ao mestre fóra da obra.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de Xeve

Parroquias de Pontevedra

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de Pontevedra

Categoría:Parroquias de Pontevedra Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santo André