Santo Estevo de Cans é unha parroquia do concello do Porriño, situada no Val da Louriña. Segundo o padrón municipal de 2010 tiña 458 habitantes (224 mulleres e 234 homes), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución dun habitante en relación ao ano 1999, cando tiña 459 habitantes.
Historia A parroquia creouse en 1904, segregada da de Atios. O 26 de febreiro de 1955 tivo lugar na parroquia un accidente dun autobús que ía desde O Porriño cara a Ponteareas, onde ese día había feira. O vehículo incendiouse logo de envorcar nunha curva, morrendo 31 das 44 persoas que nel viaxaban"Cuando Cans fue Angrois", artigo de Alfonso Pato en El País, 5 de agosto de 2013 .. No lugar da traxedia construíse un monólito conmemorativo.
A parroquia está atravesada pola autovía A-52 que une Vigo e Ourense, e que discorre paralela á estrada N-120. Entre os monumentos naturais e culturais máis sobranceiros destaca o seu famoso castelo, sitio medieval emprazado nun outeiro granítico que domina toda a contorna.
No mes de maio celébrase nela o Festival de Cans de curtametraxes, coincidente co Festival de Cannes.
Galería de imaxes
Lugares e parroquias Lugares de Cans
Parroquias do Porriño
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lugares do Porriño
Categoría:Parroquias do Porriño Categoría:Parroquias de Galicia baixo a advocación de santo Estevo