Urbano González Varela, nado en Santiago de Compostela o 3 de marzo de 1868 e finado na mesma cidade o 24 de abril de 1906, foi un pintor, escritor e xornalista galego.
Traxectoria Fillo de Secundino González Valdés e Patrocinio Varela e irmán de Pura González Varela, que en 1902 casou con Manuel Lugrís Freire. Iniciou os seus estudos en Santiago de Compostela. Emigrou sendo mozo a Cuba e estudou na Academia de Belas Artes San Jorge da Habana e na de Arquitectura de Nova York e en Madrid co pintor Casto Plasencia. Pertenceu á Cova Céltica, faladoiro de intelectuais galeguistas. Foi profesor das Escolas de Artes da Coruña e Santiago de Compostela. Foi académico, co número 58, da Academia de Belas Artes da Coruña. Pertenceu á primeira xunta directiva de La Voz de Galicia, do que foi o primeiro director de arte e redactor e colaborou en Revista Gallega, Eco de Galicia, El Noroeste, El Alcance, Extracto de Literatura e Pasatiempos. Obtivo o premio á mellor obra de teatro en verso en galego nos primeiros xogos florais celebrados en Tui o 24 de xullo de 1891 por "Amor e meiguería". Deixou un drama inédito titulado Contagio. Foi fundador e primeiro presidente da Asociación da Prensa da Coruña. Morreu recluído nun sanatorio psiquiátrico.La Noche, 3-3-1949, p. 1. miniatura|200px|Cantares, 1888. Como pintor foi iniciador das pinturas do teito do paraninfo da Universidade de Santiago de Compostela, que rematou José María Fenollera. Entre as súas obras pictóricas figuran "La primera labor", "Retrato de una vieja" (dedicado a Ovidio Murguía), "Vista de la catedral de Santiago", "Retrato del general García Reboredo", "Retrato yacente de Casto Plasencia" e "El viejo de la zanfona".
Obra bibliográfica Cantares, 1888, poemas en castelán.Cantares en Galiciana. Biblioteca de Galicia. Amor e meiguería, 1891, comedia en galego nun acto en verso. Ilustracións, en 1893, da reedición das Proezas de Galicia de Xosé Fernández Neira, canda Román Navarro. Entre luces, 1900, Biblioteca de autores gallegos, contos en castelán. Estudio sobre Gregorio Hernández, ensaio. Contagio, drama, inédito.
Recoñecementos O Concello da Coruña dedicoulle unha rúa en 2010.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos
Cova Céltica Román Navarro José María Fenollera Ligazóns externas Irmáns Cabeza de León-González Varela: Páxina web en memoria de Urbano González Varela . Artigos de González Varela na hemeroteca virtual da RAG Compendio de bibliografía
Categoría:Pintores de Galicia do século XIX Categoría:Galegos de Cuba Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1868 Categoría:Finados en 1906 Categoría:Membros correspondentes da Real Academia Galega Categoría:Pintores de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Escritores de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Poetas en lingua castelá Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Dramaturgos de Galicia Categoría:Dramaturgos en lingua galega Categoría:Ilustradores de Galicia