miniatura|Exemplar dun dólar hawaiano de prata de 1883 co busto do rei Kalākaua|350x350px O dólar ou dala foi a moeda de Hawai entre 1847 e 1898. Era igual ao dólar dos Estados Unidos e foi dividido a 100 céntimos ou keneta. Só se realizaron emisións esporádicas, que circularon en paralelo á moeda dos Estados Unidos.Emisións en moeda: Krause, Chester L.; Clifford Mishler (1991). Standard Catalog of World Coins: 1801-1991 (18th ed.). Krause Publications. ISBN 0873411501Emisións en billete: Pick, Albert (1994). Standard Catalog of World Paper Money: General Issues. Krause Publications. ISBN 0-87341-207-9
Moedas
Kamehameha III A primeira emisión oficial do Reino de Hawai foi en 1847. Tratábase dun céntimo de cobre que amosaba o retrato do rei Kamehameha III no seu anverso. Esta moeda resultou ser impopular por mor da mesquiña calidade do retrato do rei. Malia haber quen sostén que a denominación era incorrecta (hapa haneri en vez de hapa haneli), a ortografía hapa haneri foi correcta ata a fin o século XIX. A ortografía haneri ("cen" ou "cento" en hawaiano) aparece en todos os billetes de 100 e de 500 dólares en circulación entre 1879 e 1900.
Kalākaua I miniatura|esquerda|Moeda de Kalākaua de 10 centavos de dólar ou umi keneta de 1883
En 1883, o circulante oficial de prata do Reino de Hawai estivo constituído polas denominacións dun dime ou 10 centavos (umi keneta en hawaiano), un cuarto de dólar (hapaha), medio dólar (hapalua) e un dólar (akahi dala). A Casa da Moeda dos Estados Unidos cuñou, na ceca de Filadelfia, 26 presentacións de proba que contiñan o umi keneta (10 centavos), hapaha (cuarto), hapalua (medio) e akahi dala (un dólar). Tamén se fabricaron 20 exemplares de proba coa denominación de oito dólares (hapawalu). As moedas de prata emitidas para a circulación no Reino de Hawai fabricáronse na Casa da Moeda de San Francisco, deseñadas polo seu gravador Charles Edward Barber."10 cents", "1/8 dollar", "1/4 dollar", "1/2 dollar", "1 dollar". Numista.
As moedas de Hawai continuaron a circular durante varios anos logo da anexión aos Estados Unidos, en 1898, ata que en 1903 unha acta do Congreso desmonetizou as emisións Hawaianas. A maioría das moedas foron retiradas e fundidas, aínda que se conservaron algunhas pezas, moitas veces convertidas en pezas de xoiaría. Segundo as estimacións, o número máximo de exemplares de cada moeda que se conservou é o seguinte:
Umi keneta (10 centavos): 249.921 pezas. Hapaha (cuarto de dólar): 242.600 pezas. Hapalua (medio dólar): 87.700 pezas. Akahi dala (un dólar): 46.300 pezas.
Billetes miniatura|Billete de 20 dólares da República de Hawai, emitidos en 1895. En 1879, o Departamento de Finanzas emitiu os primeiros billetes de Hawai, que viñan sendo certificados de depósito de moeda de prata por valor de 10, 20, 50 e 100 dólares. Con todo, emitíronse moi pequenas cantidades destes billetes, e a maioría do diñeiro de papel circulante pertencía ás emisións dos Estados Unidos. A partir de 1884 só se admitiron moedas de ouro estadounidenses para cantidades por riba dos 10 dólares.
En 1897, a República de Hawai emitiu certificados de depósito de moeda de prata con valores de 5, 10, 20, 50 e 100 dólares. En 1899 emitíronse billetes coas mesmas denominacións apoiados por depósitos de ouro. Tódolos billetes hawaianos, especialmente os certificados de ouro, son hoxe extremadamente raros. Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Moedas de Kalākaua Dólar estadounidense Casa da Moeda dos Estados Unidos Medio dólar do Sesquicentenario de Hawai Charles E. Barber
Hawai Categoría:Moedas dos Estados Unidos de América Categoría:Moedas fóra de curso Categoría:Moedas de prata Categoría:Hawai