miniatura|Denario coa efixie de Octavio. A inscrición di Imperator Cæsar Divi Filius Triumvir Iterum Rei Publicæ Constituandæ, en galego,"Emperador Octavio fillo do divino Xulio, triunfo por segunda vez para a restauración da República". Divi filius ("fillo divino" ou "fillo do divino") é un título que foi usado polo emperador romano Xulio César e, máis tarde, polo seu sobriño neto Octavio Augusto.

O 1 de xaneiro do ano 42 a.C., dous anos despois do asasinato de César (15 de marzo de 44 a.C.), pero antes da vitoria final do segundo triunvirato contra os autores da súa morte, o Senado romano recoñeceu a César como divindade. A partir de entón chamábaselle Divus Iulius (Divino Xulio), de modo que o seu fillo adoptivo, Octavio, adoptou o título de Divi filius (fillo do deificado, ou fillo do deus). Menos frecuente era o uso dunha fórmula máis completa: divi Iuli filius ("fillo do divino Xulio").

O uso deste título contribuíu a mellorar a situación política de Octavio, que terminou por eclipsar os demais competidores polo poder en Roma."Ostentatiously rejecting divinity on his own account, he rose to power via Caesar's divine image instead" (Augustus, by Pat Southern, p. 63). O título foi para el "unha útil ferramenta de propaganda", polo que mandou gravar a inscrición nas novas moedas cuñadas.Coins of the Emperor Augustus ; exemplos son moedas do ano 38 a.C. coa inscrición "Divi Iuli filius", e outra do 31 a.C. coa inscrición "Divi filius" (Auguste vu par lui-même et par les autres por Juliette Reid ).

A súa denominación como augusto foille outorgada máis tarde, no ano 27 a.C.

Outros emperadores Tanto o propio Augusto coma outros emperadores foron deificados trala súa morte, co que o título de divi filius puido aplicarse do mesmo xeito a Tiberio, a Nerón e a Domiciano.

Notas

Categoría:Locucións latinas