O Parque Nacional da Peneda-Gerês é o único espazo natural declarado como parque nacional de Portugal. É ademais un lugar de importancia comunitaria (LIC) e zona de especial protección para as aves (ZEPA) da Rede Natura 2000. O parque creouse en maio de 1971 e ocupa vinte e dúas freguesías do norte dos distritos de Viana do Castelo, Braga e Vila Real; lindando xa coa raia galego-portuguesa.
Esta área protexida constitúe xunto co parque natural galego da Baixa Limia - Serra do Xurés un espazo natural transfronteirizo protexido. Ambos forman parte da reserva da biosfera do Transfronteiriza Gerês-Xurés desde 2009.
Xeografía Situación Este parque nacional sitúase na noroeste portugués, repartíndose entre os distritos Viana do Castelo, Braga e Vila Real no que é a zona raiana do Minho e Trás-os-Montes coa Galiza. O parque ocupa 69.596 ha. de vinte e dúas freguesías de Melgaço, Arcos de Valdevez e Ponte da Barca (no distrito de Viana do Castelo), Terras de Bouro (distrito de Braga) e Montalegre (distrito de Vila Real). Abrangue o territorio desde a serra da Peneda ata a serra do Xurés, o cal acolle ás serra de Soajo e serra Amarela.
Hidrografía miniatura|Rego en Brufe, Terras de Bouro. miniatura|Albufeira da Caniçada no río Cávado, desde a entrada ao parque e ás Terras de Bouro. As principal cunca hidrográfica que ocupa o parque é a do Miño. Os seus afluentes principais nesta zona son o Limia (47,8%) e Cávado (50,2%), así como os seus regatos afluentes. O Cávado atravesa o parque de leste a oeste, mentres que o Limia serve aos límites sur dos distritos de Vila Real e Braga. Son ríos caracterizados polos seus vales profundos e rectos, que nos seus altos nacen en terreos graníticos abertos. Os afluentes do Limia e Cávado teñen aproveitamento hidroeléctrico en Alto Rabagão, Paradela, Caniçada, Vilarinho da Furna, Touvedo e Lindoso.
Orografía O parque está no amplo espazo en forma de anfiteatro que se esculpiu durante a oroxénese varisca, e outros proceso de erosión de vento e auga, e que se estende desde o Castro Laboreiro ata as mesetas de Mourela. Este espazo abrangue tamén ás serras da Peneda, do Soajo, da Amarela e do Xurés. Estes cumes forman a barreira desde a chaira cara ao océano, ao oeste, e ás mesetas, que están cara ao leste. Os cumes desta serra son a fronteira da raia galego-portuguesa. Son os cumes da Peneda (1340 m), de Soajo (1430 m), de Amarelo (1350 m), do Xurés (1545 m) e do Altar dos Cabrões (1538 m).
Xeoloxía miniatura|Lagoa na serra da Peneda, na Peneda en Castro Laboreiro, Melgaço. O parque encádrase dentro da "zona de Galicia-Trás-os-Montes" do macizo Ibérico, unha zona alóctona e que se formou durante os procesos de colisións continentais da oroxénese herciniana. A orografía desta área esculpiuse durante a terceira fase da oroxénese, e outros proceso de erosión de vento e auga perfilando o relevo desde o Castro Laboreiro ata as mesetas de Mourela.
As rochas graníticas, de diferentes xeracións, dominan este escudo e formáronse durante o proceso oroxénese trala de colisión continental que uniu a baixa Península Ibérica con Europa, hai entre 380 millóns e 275 millóns de anos. A formación máis antiga, a de Amarela, data de 310 millóns de anos. A rochas granítica que máis dominan na área son os bloques de rochas plutónicas de Peneda-Xurés, que é un relevo exposto que quedou exposto pola formación da falla Xurés-Lobios hai 290-296 Ma. As capas sedimentarias que se foron depositando durante o silúrico, hai entre 435 e 408 Ma., deformáronse e metamorfizáronse resultando en xistos, grauvacas e cuarcitas (como de dá na área de Castro Laboreiro). Tamén se mineralizaron diques e sills formados por cuarzo e aplitas-pegmaticas resultando en estaños, tungstenos, molibdenos e ouro (que se aproveitaron en minería como as de Carris e Borrageiro).
No parque identifícanse as seguintes unidades litolóxicas esenciais: Floración de metasedimentos de orixe paleozóica, que é a unidade dominante e que aparece no val de Antas de Castro Laboreiro cara ao centro-oeste entre Louriça e a Branda de São Bento do Cando, Diferentes granitos hercinianos, formados en varias xeracións, Sedimentacións fluviais, glaciais ou torrenciais.
No parque están presente formacións de campos glaciares que se formaron durante o plistoceno, hai 1,8-0,001 Ma. Durante o plistoceno as variacións climáticas deron lugar a unha extensión dos campos glaciares a latitudes medias. O restos destes glaciares pódese apreciar nos vales en forma de "U", as morenas, os depósitos glaciares, e as superficies de granito puído das serras de Soajo e Xurés. As fracturas na paisaxe formadas forzaron aos ríos a discorrer por vales estreitos e profundos, como se pode apreciar nas zonas máis altas e onde o solo granítico se ve ao aire. Os vales, fundamentalmente os vales do Gerês e da Senhora da Peneda, discorren en dirección NNL-SSO. Os vales fluviais dos ríos Limia e Cávado fano en dirección LNL-OSO e os seus afluentes secundarios en direccións NNO-SSL.
A erosión por factores atmosféricos forma paisaxes con formacións curiosas como tors, gnammas ou kopjes.
Edafoloxía Nas zonas máis elevadas do parque e de maior pendente os solos ou non existe ou son reducidos. Nas zonas de val os solos son máis ricos e profundos e sofren un transporte pluvial. Estes estratos están texturados, son permeables, facilmente traballables, aínda que teñen unha consistencia débil e marcados polas peculiaridades da acción agrícola local. A incorporación de biomasa e as precipitacións elevadas xunto coas baixas temperaturas de outono-inverno dan orixe a cambios nos niveis de pH. Así mesmo, os niveis elevados de material orgánico incompletamente descomposto, baixos en fósforo e intermitentemente baixos/altos en potasio están suxeitos ao réxime de deposición aluvial.
Clima O parque atópase na zona de transición das rexións bioclimáticas atlánticas e mediterráneas. A súa orografía favorece o efecto barreira das montañas, o cal supón altos niveis de precipitación, e a presenza de multitude de áreas microclimáticas. As precipitacións chegan ata os 30 mil mm por día e aos 130 días de choiva por ano. As temperaturas varían entre os 17 e 20 °C, inda que existe unha alta variación por altitude. Os vales ten climas suaves e os altos chegan a mínimos maiores.
Demografía miniatura|Lugar de Rouças, en Gavieira, Arcos de Valdevez, e que se atopa nas abas da serra da Peneda. Aínda que houbo un crecemento variable en toda a rexión do Norte, houbo unha diminución xeral da poboación nas unidades administrativas que entraron no parque nacional de Peneda-Xurés entre o 1981 e 1991. A poboación en 1991 era de 9.099 de persoas cando había 10.849 persoas rexistradas en 1981, o que supuxo unha perda do 16%. En todos os concellos se produciu esa diminución: en Melgaço foi do -16,8%, en Arcos de Valdevez do -13,4%, na Ponte da Barca do -6,1%, en Terras de Bouro do -7,2% e Montalegre -20,3%. A poboación residente concéntranse principalmente en varios núcleos pequenos e separados entre si. Ás veces a poboación agrégase ao longo das calzadas e reside en novas vivendas ou edificios e algunhas veces grupos illados de vivendas, en particular en camiños agrícolas en pradeiras ou illados entre pastos.
En termos xerais, pódense definir en termos socio-demográficos seis zonas homoxéneas: Castro Laboreiro e o Val de Río Laboreiro. As poboacións son pequenas e separadas por distancias curtas. Nesta zona era unha práctica habitual que os residentes nas comunidades de montes pasasen parte do ano entre dúas localidades. Ou ben nas "inverneiras" (residencias invernais), que se emprazaban nos vales de ribeira, ou en casas por riba dos mil metros de altitude, na zona "branda" (dito así pola pendente suave de montaña). Serras da Peneda e Serras do Soajo. Son pequenas aglomeracións pastorais, con diferentes residencias de verán e inverno. Val de Xurés. No último século máis poboada polo auxe da reconstrución e o turismo termal e que deu lugar á urbanizacións ao longo das vías de acceso do val. Cabril-Xurés. Esta zona é abrupta e está ao longo do río Cávado e do encoro de Salamonde, onde se concentran os edificios ao longo das vías de acceso, e o río Cabril, con pastos situados entre aglomeracións. Mourela e Meseta Barroso. Esténdese ao sur, ao sueste e ao suroeste, á meseta e é unha serie de aglomeracións, unidas por vías de ocupación. A expansión de Várzea, debido á construción da presa de Paradela, deu lugar á redución de terras cultivables, prados e pantanos.
Algunhas das aldeas das terras altas están situadas preto das terras cultivables. Os socalcos, construídos para aproveitar mellor estas escasas terras, e as casas tradicionais, con paredes de granito e tellados de palla, configuran a paisaxe característica do parque. Son características deste modelo as aldeas de Pitões das Júnias e Ermida.
Hábitats No parque nacional destacan polo seu interese de conservación os seguinte hábitatsListado de hábitats do anexo II da Directiva Hábitats e o indicado no decreto 142/97, nº 198/1997 .:
As pozas temporais mediterráneas, Os leitos dos regos e ríos medianos, Prados de sega de montaña, As turbeiras altas e activas ou as turbeiras de cobertura, Os piñeiros rubios de Pinus sylvestris, As carballeiras galego-portuguesas de Quercus robur e Quercus pyrenaica, Os teixos de Taxus baccata.
Flora e Fauna Flora miniatura|Bosque de ribeira. miniatura|Matogueiras na serra Amarela. A diversidade florística inclúe 823 taxons vasculares que se producen en 128 tipos de vexetación natural. En particular cómpre diferenciar as rexións que definen as baixadas da serra do Xurés e da serra da Cabreira (as cuncas dos ríos Támega, Ave e Cávado), xa que son fronteira entre as áreas bioxeográficas eurosiberianas e mediterráneas e que supoñen un cambio na composición da flora.
As coberturas das serra do Xurés, a serra Amarela, a serra do Peneda e a serra do Soajo, así como as mesetas Mourela e Castro Laboreiro, están dominadas catro biotipos diferentes: as carballeiras, as matogueiras, as ribeiras e lameiros e a vexetación riparia.
As carballeiras dominan nos vales de Ramiscal, Peneda, Xurés e Beredo; e en especial destaca na Mata de Albergaria. Adoitan ser bosques dominados polas carballeiras do carballo común (Quercus pyrenaica) e dos cerquiños (Quercus robur). A maior presenza dunha ou doutra especie varía segundo as altitudes e a exposición da carballeira. Onde dominas os carballos comúns adoitan están presentes as sobreiras (Quercus suber), as xibardas (Ruscus aculeatus), os pradairos (Acer pseudoplatanus) e os loureiros (Prunus lusitanica). Alí onde dominan as sobreiras e os cerquiños adoitan estar presentes as arandeiras (Vaccinium myrtillus), os érbedos (Arbutus unedo) e os acivros (Ilex aquifolium). Estas carballeiras estiveron baixo a presión humana e retrocederon en espazo.
As matogueiras ocupan o 74% do espazo do parque. Están formadas principalmente dos toxos gateños (Ulex minor) e arnais (Ulex europaeus) e de queiroas de cruz (Calluna vulgaris) e queirogas de umbela (Erica umbellata). Nas altitudes maiores están de par cos cimbros (Juniperus communis) e as uces mouras (Erica australis). Nas altitudes inferiores estano con toxos gateños (Ulex minor), as queirogas veludas (Erica ciliaris), as queiroga das brañas (Erica tetralix), e as especies de Molinia caerulea, Drosera rotundifolia, Pinguicula lusitanica, e Viola palustris.
Nas ribeiras e entre a vexetación riparia ,achegada aos cursos fluviais, aparecen endemismos como o fieito do botón (Woodwardia radicans), os salgueiros ananos (Salix repens), os bidueiros comúns (Betula pubescens), e os arbustos de Spiraea hypericifolia, Circaea lusitanica e Angelica laevis.
As especies da flora do parque natural que están catalogadas como especies de interese de conservación na rede Natura 2000 sonListado de especies do anexo II da Directiva Habitats e o indicado no decreto 142/97, nº 198/1997 .: