miniatura|dereita|290px|Bandeira da Terra. miniatura|dereita|290px|Bandeira proposta por Oskar Pernefeldt en 2015. A bandeira da Terra é unha bandeira ficticia que non foi adoptada oficialmente por ningún organismo internacional. Representa o planeta Terra como entidade xeográfica sen entrar en aspectos políticos, relixiosos ou demográficos.

Historia Dende a primeira celebración do Día da Terra o 22 de abril de 1970, foi utilizada unha bandeira de cor azul escuro coa figura do planeta obtida pola NASA. Esta bandeira está asociada co Día da Terra co obxectivo de concienciar a poboación dos problemas do medio ambiente. Esta bandeira foi deseñada por John McConnell, un activista do pacifismo, sen carácter oficial.

En maio de 2015, o sueco Oskar Pernefeldt, da Facultade de Design Beckmans, en Estocolmo,Você sabia que, agora, a Terra tem uma bandeira? divulgou o proxecto dunha bandeira para o planeta Terra, sendo ela cun fondo azul e con sete aneis brancos conectados, simbolizando a unión pacífica dos continentes,Esdudante sueco cria 'bandeira da Terra' para missões espaciais e con dous obxectivos:Conheça a bandeira que a humanidade poderá fincar quando conquistar outro planeta

Ser utilizada para representar o planeta Terra. Lembrar á xente que compartimos ese planeta, sen importar as fronteiras nacionais; e lembrar que debemos coidar uns dous outros e do planeta no que vivimos.

Esta bandeira podería representar a humanidade en diversos eventos, entre eles, unha posible viaxe tripulada a Marte, ou outros eventos globais, como as Olimpíadas e a Copa do Mundo. Pernefeldt tamén suxire que a bandeira sexa usada en misións científicas de carácter global como en bases científicas na Antártida. Os sete aneis, representando os continentes, deben tamén remitir a unha flor, símbolo da vida na Terra.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Bandeira Terra Ligazóns externas Páxina do proxecto The International Flag of Planet Earth Páxina oficial de Earth Flag O Planeta Terra agora ten unha bandeira Bandeira da Terra na páxina do Día da Terra Historia da bandeira da Terra por John McConnell A bandeira da Terra en Flags of the World Hai unha nova bandeira para representar o planeta Terra? Galería da bandeira de Oskar Pernefeldt

Categoría:Terra Categoría:Bandeiras