Feliz Feroz (editado en galego baixo o título de Feliz Feroz. O lobiño riquiño) é unha obra de literatura infantil escrita por Hematocrítico.
A súa primeira edición foi en idioma español baixo a editorial Anaya o 17 de abril de 2014 e dentro da colección Sopa de Libros. Posteriormente foi editado en galego por Edicións Xerais. Sinopse Lobiño é un lobo que, malia presumírselle unha actitude feroz, é dócil e bo. Preocupada pola súa falta de fereza, a nai de Lobiño decide envialo a xunto o seu irmán e tío de Lobiño, o Lobo Feroz. Lobo Feroz terá o cometido de converter ao bo e dócil Lobiño nun gran depredador. Lobiño é ensinado polo seu tío a cazar coellos, asustar ás persoas, comer aos porcos... Pero non é quen de facelo. En lugar diso, come ensalada cos demais animais, faise amigo de Carapuchiña, e ponse a xogar cos porcos.
Premios Premio Fundación Cuatrogatos, 2015. White Ravens, 2015. Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha do libro.
Categoría:Literatura infantil Categoría:Obras literarias de 2014