A Corporación Lar Gallego de Chile é unha asociación da diáspora galega en Chile.

Historia

Fundouse o 10 de novembro de 1967, dedicándose “esencialmente a reunir emigrantes e fillos e netos de emigrantes galegos residentes en Chile para realizaren diversas actividades de índole social e cultural”. Esta corporación conta coa colaboración da Xunta de Galicia.

A iniciativa empeza como unha simple xuntanza de amigos galegos que gustaban de practicar danzas populares galegas e tocar a gaita, co obxectivo de lembrarse da terra que ficaba tan lonxe. Posteriormente, a popularidade destas actividades levou á institucionalización da asociación e á participación de 300 familias galegas. Conta cun coro, o grupo de danzas e gaitas Terra Meiga, e o grupo de percusión Beira do Mar.

Dirección da corporación

Primeira directiva Lar Gallego de Chile Actual directiva Lar Gallego de Chile Presidente: César Cifuentes Sánchez Presidenta: María Myriam López Marín Vicepresidente: Manuel González Fernández Vicepresidente: Manuel Cristian Iglesias Rufs Secretario: José Domínguez Diéguez Secretario: Francisco Bustos Palomino Tesoureiro: Silvio Brondi Olea Tesoureiro: José Arturo Vásquez Barja Prosecretario: Juan C. Vásquez Espinosa Prosecretario: Jorge Rivera Villaroel Directores: Camilo Villar Moreiro, Jose Bouzo Pavón, Manuel Martínez Domínguez, Francisco Castaño López e Domingo García Pérez Directores: María Isabel Dávila Losada, Natalia del Pilar Bustos López, Agenor Mauricio López Marín, Jorge Misa Lehyt e José Antonio Yánez Diéguez Asesor cultural: Edmundo Moure Rojas Asesora cultural: María Isabel Dávila Losada

Notas

Categoría:Asociacións de Chile Categoría:Galegos de Chile Categoría:Asociacións culturais Chile