Tirso Servando Justino Gómez Freijido, nado en Ribadavia o 1 de febreiro de 1887 e finado en Vigo o 31 de outubro de 1936, foi un político galego.

Traxectoria

Latoeiro de profesión, militante socialista, foi presidente da Casa do Pobo da Caniza. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido na Cañiza o 21 de xullo. O xuíz militar emitiu unha requisitoria para a súa presentacióne a de Amadeo Estévez Rodríguez e Enrique Giráldez Piña o 24 de agosto.El Pueblo Gallego, 24-8-1936, p. 2. Trasladado á prisión de Vigo, foi xulgado en Consello de guerra por rebelión militar con María Gómez González, Jesús Eugenio Pérez Pérez, Antonio Mojón Vázquez e Justo Moure Giráldez. Condenado a pena de morte, foi executado, ás 16 horas do 31 de outubro de 1936, nas inmediacións do castelo do Castro.El Pueblo Gallego, 1-11-1936, p. 10.

Homenaxes

En 2022 Inversa Teatro, a compañía teatral da súa bisneta, a dramaturga, directora e actriz Marta Pérez, estreou no Auditorio de Vigo a peza O PénduloO Péndulo, estrea mundial. sobre a detención e fusilamento de Tirso Gómez e os seus compañeiros, escrita xunto ao dramaturgo Ernesto Is. Vida persoal Casou con Contemplación Mosquera Mariño.A Cañiza: Mercería-droguería Pepa

Notas

Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Ribadavia Categoría:Nados en 1887 Categoría:Finados en 1936