miniatura|240px|Inflorescencia A herba lombrigueira Ver herba lombrigueira en "Detalles do termo". (Tanacetum vulgare) é unha planta asterácea herbácea perenne. É natural de Europa e de Asia, cada vez máis rara cando se avanza cara ao sur.

Características É unha planta herbácea perenne moi robusta que posúe un talo ergueito de 60 a 90 cm de altura. As follas son pinnadas con numerosos folíolos profundamente dentados, son de cor verde escura e aromáticas. As flores son pequenas de cor amarela dourada agrupadas en capítulos formando un corimbo denso e aplanado, florecen en verán.

Historia O uso medicinal da herba lombrigueira é antigo, como o demostra a súa presenza na Capitulare de villis vel curtis imperii, unha orde emitida por Carlomagno que reclama que se cultiven nos seus campos unha serie de herbas e condimentos incluíndo as "tanazitam", identificadas actualmente como Tanacetum vulgare.

Propiedades miniatura|Tanacetum vulgare miniatura|Flores Vermífugo. A infusión de flores é un antihelmíntico recomendado contra os vermes ascáridos e oxiuros, de onde lle vén o seu nome común. Na súa aplicación externa aplícase o seu aceite para combater o reumatismo. O Tanacetum vulgare ten prohibida a súa venda ao público, así como a dos seus preparados, e o seu uso en España, por razón da súa toxicidade, conforme ao que establece o artigo 42.2 da Lei 25/1990, de 20 de decembro, do Medicamento. A súa comercialización restrínxese á elaboración de especialidades farmacéuticas, fórmulas maxistrais, preparados oficinais, cepas homeopáticas e á investigación.ORDE SCO/190/2004, de 28 de xaneiro, pola que se establece a lista de plantas cuxa venda ao público queda prohibida ou restrinxida por mor da súa toxicidade. URL:http://www.boe.es/boe/dias/2004/02/06/pdfs/A05061-05065.pdf

Toxicidade miniatura|200px|Detalle da flor Moitas especies de Tanacetum conteñen un aceite volátil que pode causar dermatite de contacto en individuos sensibles. Se se toma internamente, orixínanse metabolitos tóxicos a medida que o aceite se degrada no tracto dixestivo e no fígado. É moi tóxica para os parasitos internos e por iso durante séculos foi prescrita polos herboristas para expulsar os vermes. É un insecticida efectivo e moi tóxico para artrópodos.Edible and Medicinal Plants of the West, Gregory L. Tilford, Como contén tuiona, nalgúns países como EUA limítase o seu uso a bebidas alcohólicas e o produto final debe estar libre de tuiona. Tanacetum annuum confúndese ás veces con Tanacetum vulgare, pero a primeira produce un aceite esencial que é completamente diferfente quimicamente, xa que non contén tuiona e si altas cantidades de chamazuleno, facendo que o aceite sexa de cor azul escura, aínda que ás veces se venden mesturados os aceites das dúas plantas, o que é unha adulteración.J. Essent. Oil Res., Vol. 11, 343-348 (1999)J. Essent. Oil Res., Vol. 12, 122-124 (xaneiro/febreiro 2000) O aceite de Tanacetum vulgare nunca é azul porque non contén chamazuleno.J. Agric. Food Chem., 2004, 52 (6), pp 1742–1748J. Nat. Prod., 1984, 47 (6), pp 964–969.

Os compoñentes activos do aceite volátil de T, vulgare son 1,8-cineola, trans-tuiona, canfor e mirtenol, e as cantidades e proporcións de cada un varían estacionalmente e de planta a planta.Mitich, Larry W. (marzo de 1992). "Tansy". Weed Technology. 6: 242–244. doi:10.1017/S0890037X00034643. DePooter, H.L.; Vermeesch, J.; Schamp, N.M. (1989). "unk". Journal of Essential Oil Research. 1 (1): 9–13.

A 1,8-cineola é unha toxina que se cre defende as follas da planta contra os ataques dos herbívoros.

Uso en medicina popular Durante moitos anos utilizouse como unha herba medicinal malia a súa toxicidade. No folclore irlandés do século XIX, suxírese bañarse nunha solución desta planta e sal como unha cura para a dor articular. Un té amargo feito con flores de T. vulgare utilizouse durante séculos como antihelmíntico para tratar as infestacións parasitarias, e as tortas desta planta comíanse tradicionalmente durante a Coresma, xa que se cría que o consumo de pescado durante a Coresma causaba vermes intestinais. Varias especies de Tanacetum utilízanse etnomedicamente para tratar a migraña, neuralxia e o reumatismo e como antihelmínticos. Tradicionalmente, foi utilizada a miúdo polos seus efectos emenagogos para provocar a menstruación ou terminar un embarazo non desexado (aborto), e recoméndase que as mulleres embarazadas non utilicen esta herba. Unha investigación publicada en 2011 identificou a presenza nesta planta de 3,5- ácido dicafeoilquínico (3,5- DCQA) e axilarina como compostos antivirais que son activos contra o virus do Herpes simplex.

Taxonomía Tanacetum vulgare describiuna Linné e publicouna en Species Plantarum 2: 844–845. 1753. Etimoloxía Tanacetum: nome xenérico derivado do latín medieval "tanazita" que á súa vez provén do grego "athanasia" (= inmortal, a longo prazo), que probablemente indica a longa duración da inflorescencia desta planta; noutros textos indícase que deriva da crenza de que as bebidas a base das follas desta planta confiren a vida eterna.

vulgare: epíteto latino que significa 'vulgar, común'.En Epítetos Botánicos

Sinonimia Chrysanthemum vulgare (L.) Bernh. 1800 Leucanthemum vulgare Lam. Chrysanthemum leucanthemum L. Chrysanthemum leucanthemum var. boecheri Boivin Chrysanthemum leucanthemum L. var. pinnatifidum Lecoq & Lamotte Leucanthemum leucanthemum (L.) Rydb. Leucanthemum vulgare Lam. var. pinnatifidum'' (Lecoq & Lamotte) MoldenkeSinónimos en USDA

Notas

USDA, ARS, National Genetic Resources Program. Germplasm Resources Information Network - (GRIN). National Germplasm Resources Laboratory, Beltsville, Maryland. URL: http://www.ars-grin.gov/cgi-bin/npgs/html/taxon.pl?104144 http://www.ars-grin.gov/cgi-bin/npgs/html/taxon.pl?104144

Véxase tamén Ligazóns externas Tanacetum vulgare Información sobre T.vulgare

Categoría:Asteraceae Categoría:Plantas medicinais Categoría:Plantas descritas en 1753 Categoría:Taxons descritos por Linné