The Cooper Temple Clause foi unha banda inglesa de rock alternativo formada en Wokingham, Berkshire en 1998. O grupo publicou tres álbums antes de anunciar a súa separación o 24 de abril de 2007, tras a marcha de Daniel Fisher.

Tras asinar un contrato discográfico con RCA no ano 2000 e sacar varios sinxelos e EPs, o seu álbum debut, See This Through and Leave, foi lanzado en 2002 con grande éxito da crítica. A súa continuación, Kick Up the Fire, and Let the Flames Break Loose de 2003, conseguiyu que a banda fose recoñecida internacionalmente grazas aos sinxelos "Promises, Promises" e "Blind Pilots". The Cooper Temple Clause deixou RCA en 2006, asinando con Sanctuary Records para o lanzamento do seu terceiro álbum, Make This Your Own.

A banda chamouse así pola cláusula Cowper-Temple. A cláusula foi inserida na Lei de Educación Elemental de 1870 (33 e 34 Vict. c. 75), converténdose na Sección 14 da Lei, e foi un compromiso sobre a natureza da educación relixiosa nas escolas primarias estatais creadas en Inglaterra e Gales pola Lei.

Durante moitas das súas primeiras entrevistas, a banda inventou varias historias relacionadas coa orixe do seu nome. Un exemplo diso pódese ver nunha entrevista en vídeo de Supersweet TV.

Discografía Álbum Ano Selo See This Through and Leave 2002 Morning Records Kick Up the Fire, and Let the Flames Break Loose || 2003 || Morning Records, RCA Records |- | Make This Your Own'' 2007 Sequel Records

Notas

Categoría:Grupos musicais do condado de Berkshire Categoría:Grupos musicais de rock alternativo Categoría:Grupos musicais de post-hardcore Categoría:Grupos musicais de space rock Categoría:Grupos musicais de rock electrónico Categoría:Grupos musicais formados en 1998 Categoría:Artistas de Sanctuary Records