A Asociación Galega de Editoras (coñecida até maio de 2016 como Asociación Galega de Editores) é unha asociación de ámbito galego fundada en 1983 ante a falta dun organismo que defendese os intereses dos editores na época. É constituída co obxectivo de ser a representación gremial das editoriais galegas. En 2016 constaba de 35Xosé Ballesteros, novo presidente da AGE , entrevista en Sermos Galiza o 21 de maio de 2016. empresas editoriais (algo menos da metade do total de editoriais radicadas en GaliciaListaxe de editoriais galegas en 2006.), ás cales proporcionaban axuda tanto na edición como na promoción do libro galego.
Os seus últimos presidentes foron Manuel Bragado, Laura Rodríguez e, dende maio de 2016, Xosé Ballesteros, en cuxo equipo de dirección se integran a propia expresidenta L. Rodríguez ou editores como Henrique Alvarellos, David Cortizo Conde, María Xesús Gómez, Ana Guerra, Fran Alonso e Xulio Amigo.
Obxectivos Recoñecemento e concreción de sector estratéxico por parte das administracións. A profesionalización gremial: estratexias de cooperación intersectorial, novas vías de financiamento, formación, estratexias de comunicación etc. Incremento da dotación pública de libro galego na Rede Bibliotecaria Pública Galega. Concreción da débeda histórica que, segundo a asociación, teñen as administracións co libro galego. Obxectivos de actuación pública: Xornadas técnicas, dixitalización de contidos. Programa de formación continua de traballadores do sector. Actuación en prevención de riscos laborais. Participación en feiras internacionais do libro.
Servizos A AGE préstalles aos seus asociados servizos de información e documentación, formación, apoio nas feiras e nas actividades de promoción do libro galego.Páxina web da Asociación Galega de Editores .
Información e documentación Ampla e puntual información sobre calquera tema de interese para o sector editorial (subvencións, convenios, feiras, bolsas de axuda, misións comerciais, premios etc.) Seguimento puntual do BOE, DOG, BOP, e outros boletíns de interese para os editores. Formación Información e/ou organización de cursos de formación para o persoal das empresas do gremio. Realización de xornadas técnicas Comercio Exterior Comercio Exterior Participación como colectivo nas feiras profesionais do libro que formen parte do calendario de actividades anuais. En colaboración coa Dirección Xeral do Libro da Xunta de Galicia, coas cámaras de comercio de Galicia e coa Federación de Gremios de Editores de España. Apoio aos editores nestes eventos. Promoción do libro galego Día das Letras Galegas. Apoio a iniciativas asociativas relacionadas co libro. Información aos medios das novas de interese relacionadas coa AGE e ás empresas asociadas. Premio anual á colaboración co mundo editorial e a cultura galega en xeral.
Empresas asociadas AGEA Editora Aira Editorial Alvarellos Editora Andavira Editora Antela Editorial
Baía Edicións Belagua Biblos Clube de Lectores Boadicea Editora Bolanda Editorial Bululú Bunker Books
Colex Cuarto de Inverno Cumio Cydonia
Dardo Editorial Dos Acordes
Ediciones del Viento Edicións Embora Ézaro Ediciones
Fervenza
Galaxia GaliNova
Hércules de Ediciones
Irmás Cartoné
Kalandraka Editora KNS Ediciones
La Voz de Galicia Laiovento Edicións Linteo Ediciones Luzes
Obradoiro Edicións OQO Editora
Patas de peixe Positivas
Retranca Editora Rodeira
Tambre Toxosoutos Trinqueta Verde Tulipa Editorial
Urco Editora
Xerais Xerme
Notas
Categoría:Asociacións de Galicia