miniatura|Monumento a Ariberto en Intimian. miniatura|200px|Tumba de Ariberto na catedral de Milán. Ariberto (en italiano Ariberto da Intimiano, en lombardo Aribert de Intimian), finado en Monza o 16 de xaneiro de 1045 foi o arcebispo de Milán dende 1018. Foi un bispo-guerreiro belixerante nunha época en que estas figuras eran pouco comúns.A carreira de Ariberto foi estudada no seu contexto por H.E.J. Cowdray en "Archbishop Aribert II of Milan," History 51 (1966:1-15), e os conflitos sociais e relixiosos da arquidiocese foron examinados nun capítulo escrito por Cinzio Violante en La società milanese nell'età precomunale (Bari) 1953.
Ariberto chegou a Konstanz en xuño de 1025 xunto con outros bispos do norte de Italia a render homenaxe ao emperador Conrado II, o acosado fundador da dinastía Salier. Aló, a cambio de privilexios, aceptou coroar a Conrado coa Cruz de Ferro da Lombardía, que os potentados ofreceran a Odón II de Blois.John Bagnell Bury, ed. The Cambridge Medieval History: III. Germany and the Western Empire 1922:264. O acto tivo lugar o 26 de marzo de 1026 en Milán, posto que Pavia, o lugar habitual para os coroamentos estaba aínda en revoltas contra a autoridade imperial. Viaxou a Roma o ano seguinte para a coroación imperial de Conrado polo papa Xoán XIX o 26 de marzo de 1027; nun sínodo en Laterano negociou a precedencia da arquidiocese de Milán sobre a de Rávena.Cambridge Medieval History :264 Posteriormente uniuse a unha expedición militar ao reino de Arles, que Conrado herdara trala morte en 1032 de Rodolfo III de Borgoña, o cal fora respondido por Odón.
Na política italiana, o poder estaba disputado entre os grandes terratenentes (os capitanei) e os seus vasalos da nobreza inferior (os valvassores), aliados cos burgueses das comunas.
Ariberto creouse inimigos entre a nobreza máis baixa, contra os que perpetrara actos violentos e co bispo metropolitano de Rávena, do que ignorara os dereitos episcopais. No norte de Italia iniciouse unha revolta e polo pedimento de Ariberto, o fillo de Conrado, Henrique III, viaxou ao sur dos Alpes no inverno de 1036 a 1037 para reprimila. O emperador, porén, tomou a posición de campión dos valvassores e esixiu a Ariberto que fixese unha defensa contra os cargos recibidos contra el. Ariberto rexeitouno, considerando que el e o emperador eran iguais. O arresto de Ariberto provocou a rebelión da facción milanesa antiimperial, feito visto polos historiadores do século XIX como salvaxemente patriótico. Ariberto escapou da súa prisión e liderou a revolta de Milán. O emperador atopouse incapaz de tomar Milán asediándoo e marchou a Roma, onde os seus esforzos diplomáticos acabaron no illamento de Ariberto dos seus aliados de outrora, especialmente polo célebre decreto do 28 de maio de 1037, que garantiu o arrendamento dos vasalos menores, tanto imperiais coma eclesiásticos.Cambridge Medieval History :266. O emperador decidiu destituír o arcebispo e o sucesor de Xoán, o papa Bieito IX excomungou a Ariberto en marzo de 1038. Ese ano, sostivo o carroccio como símbolo de Milán e axiña foi o símbolo das cidades toscanas e de Roma. Ariberto acabou o arcebispado nunha paz relativa, tras acordar o cesamento de hostilidades con Henrique en Ingelheim en 1040.
Notas
Categoría:Bispos católicos de Italia Categoría:Finados en 1045