miniatura|Partitura do himno Hear my crying O God ("Escoita o meu choro, oh, Deus"), de Pelham Humfrey Pelham Humfrey (variantes do nome: Humphrey e Humphrys), nado en Londres en 1647 e finado en Windsor, Inglaterra, o 14 de xullo de 1674, foi un compositor inglés do Barroco. Foi o primeiro da nova xeración de compositores ingleses marcada polo inicio da Restauración en coller relevancia.Cummings, Robert. Biografía de Pelham Humfrey. En www.allmusic.com

Aos seus dezasete anos, Humfrey xa era moi coñecido polos seus himnos, e o rei enviouno a estudar a París, probabelmente en xaneiro de 1665, onde colleu moitas influencias da música da corte francesa. Nos alicerces da música que escribiu ao seu regreso, tamén demostrou ter asimilado o estilo vocal máis expresivo de Giacomo Carissimi. Máis tarde, sucedeu a Henry Cooke (o seu sogro) no cargo de mestre do coro da Capela Real e tamén se converteu en compositor da corte.

No xornal de Samuel Pepys fanse comentarios críticos acerca do xeito de vestir e mesmo do comportamento en xeral de HumfreyDiario de Samuel Pepys. 15 de novembro de 1667..

Malia morrer moi novo, aos 27 anos, Humfrey Morreu exerceu, xunto con Matthew Locke, unha forte influencia sobre os seus compañeiros, entre os que estaban William Turner, Henry Purcell e John Blow. A súa morte tan temperá considérase como unha das traxedias máis grandes na historia de música inglesa. Á súa morte xa producira varios traballos de grande intensidade e o poder expresivo, como é o caso do himno O Lord my God ("Oh, señor, meu Deus")Catálogo das composicións de Pelham Humfrey. En www.allmusic.com.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Dennison, Peter. Pelham Humfrey. Oxford: Oxford University Press, 1986. Scholes. Percy (1970). Ward, John Owen, ed. The Oxford Companion to Music.Oxford University Press. Madeira, Bruce. "Humfrey, Pelham", Grove Music Online. Ed. L. Macy, grovemusic.com.

Ligazóns externas Partituras de Pelham Humfrey na Biblioteca Coral de Dominio Público. "Humfrey, Pelham". Dictionary of National Biography. Smith, Elderr & Co. Londres. 1885–1900.  composers-classical-music.com

Categoría:Nados en 1647 Categoría:Finados en 1674 Categoría:Nados en Londres Categoría:Compositores de Inglaterra Categoría:Compositores de música clásica