Muanda ou Moanda é unha cidade que fica na costa do océano Atlántico na desembocadura do río Congo na República Democrática do Congo. É unha cidade situada na Provincia do Baixo Congo (en francés Province du Bas-Congo) e ten unha poboación de 50 000 habitantes. Muanda é coñecida polas súas praias. Conta cunha infraestrutura turística débil, pero isto non afecta ás actividades económicas da cidade xa que o turismo non é unha actividade económica principal.

Xeografía A cidade de Muanda localízase a 8 quilómetros ao leste do pequeno porto de Bananas, na desembocadura do río Congo, e 6,5 quilómetros ao sueste de Point Kipundji. A terminal de hidrocarburos de Moanda, que conta con varias plataformas, viadutos, un buque e un tanque permanente e esta queda a 10 millas ao suroeste de Point Kipundji.

Uns 100 quilómetros río arriba da cidade de Muanda, na marxe norte do río Congo, está a cidade de Boma, o segundo maior porto da República Democrática do Congo. A súa grande largura e profundidade do río Congo permite que os navíos que veñen polo mar que cheguen a Boma e ao seu maior porto, Matadi, a pesar da súa distancia da costa.

Clima Segundo a clasificación climática de Köppen-Geiger, Muanda ten un clima tropical seco e húmido.

Aeroporto

A cidade ten un aeroporto e o seu código IATA é o FZAG.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Cidades da República Democrática do Congo