dereita|miniatura|Escultura de Pelegrín en Santa Irene (Arca, O Pino). Pelegrín foi unha mascota galega empregada para promover o camiño de Santiago e o Ano Xacobeo. Foi a mascota oficial do camiño entre o Ano Xacobeo de 1993 e o de 2004. É un boneco que leva un bordón con cabaza, dous dos elementos distintivos dos peregrinos. Características Foi deseñada por Luís CarballoPelegrín, ficha na Xacopedia. de cara ao Ano Santo de 1993. A súa imaxe presentouse en 1992 na Exposición Universal de Sevilla. Foi usado tamén no Ano Santo de 1999 e o de 2004. No Ano Xacobeo de 2010 foi substituído por Xubi, mascota deseñada por Alberte Permuy.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas caminodesantiago.gal

Categoría:Mascotas Categoría:Camiño de Santiago