Seguriño foi unha personaxe de ficción creada pola Xunta de Galicia e a Televisión de Galicia para promover e educar os nenos, por medio de campañas televisivas emitidas en horario infantil, na educación viaria. Por medio de anuncios ou cancións, emitidas en programas infantís coma o Xabarín Club, Seguriño ensinaba aos galegos a se comportaren axeitadamente coma peóns ou a respectaren os sinais de tráfico, ademais de tomaren conciencia da importancia da seguridade viaria.
A campaña foi considerada un éxito tanto na Galiza coma a nivel estatal, de xeito que foi exportada a outras administracións, coma a Comunidade de Madrid.
Características A personaxe de Seguriño, cuxo nome intentaba transmitir prudencia e responsabilidade, era un homiño vestido cunha funda de cor azul con catro botóns dourados e unhas zapatillas e un gorro azuis. Acompañando a Seguriño, adoitaban aparecer nenos, os cales eran educados con consellos de seguridade viaria.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Xabarín Club Ligazóns externas Spot protagonizado por Seguriño sobre seguridade vial en YouTube.
Categoría:Mascotas