A dos acrobátidos (Acrobatidae) é unha pequeba familia de mamíferos marsupiais australidelfos da orde dos diprotodontes, suborde dos falanxeriformes e superfamilia dos petauroideos. Comprende tan só dous xéneros con cadansúa especie,Acrobatidae en MSW. unha propia de Australia e a outra de Nova Guinea.
Taxonomía Descrición A familia foi descrita en 1987 polo biólogo australiano Kenneth P. Aplin, investigador asociado ao Instituto Smithsoniano.Ken P. Aplin na web do National Museum of Natural History da Smithsonian Institution.
No pasado, os acrobátidos foron clasificados dentro da familia dos burramíidos. Evidencias recentes suxiren que poden estar relacionados máis proximamente con Tarsipes rostratus, a única especie dos tarsipédidos.
Etimoloxía O nome científico da familia, Acrobatidae, está formado, como é a norma, sobre a raíz do nome so seu xénero tipo, Acrobates, coa adición da desidencia do latín científico -ĭidea, propia dos nomes das familias de animais.
Polo que respecta a Acrobates, deriva do grego antigo ἀκροβάτης akrobátēs, 'acróbata'.
Clasificación A familia comprende tan só dous xéneros, con cadansúa especie, como quedou dito:
Familia Acrobatidae Aplin, 1987 Xénero Acrobates Desmarest, 1818 Acrobates no MSW. Acrobates pygmaeus Shaw, 1793 Xénero Distoechurus Peters, 1874 Distoechurus no MSW. Distoechurus pennatusPeters, 1874
Características Son dous pequenos animais caracterizados por posuíren unha membrana que une as extremidades anteriores e posteriores a cada lado do corpo, desde os pulsos até os tornecelos, o que lles permite planar dunha árbore a outra. A súa cola, prénsil, está cubierta de pelos curtos.
Os acrobátidos son moi pequenos; de feito, Acrobates pygmaeus é o planador máis pequeno do mundo, e pesa tan só de 10 a 14 g. Distoechurus pennatus é lixeiramente máis grande, chegando a pesar ao redor de 50 g.
Ambas as especies aliméntanse principalmente de néctar, e ambas as dúas teñen unha longa lingua rematada nunha especie de pincel para recoller o néctar e o pole das flores. Tamén poden comeren alúgns insectos.Acrobatidae na ADW.
A súa fórmula dentaria é 3/2, 1/0, 2-3/3, 3/3. Os seus molares son bunodontes e cuadrituberculados; os premolares superiores son secodontes.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Grzimek, B., Schlager, N. & Olendorf, D (2003): Grzimek's Animal Life Encyclopedia. Detroit: Thomson Gale. McKenna, M. C. & Bell, S. K. (1997): Classification of Mammals Above the Species Level Nova York: Columbia University Press. ISBN 0-231-11013-8. Rowland, P. & Strahan, R., eds. (1995): The Mammals of Australia. Washington, D.C.: Smithsonian Institution Press. Vaughan, T. A. (1986): Mammalogy. Third Edition. Fort Worth, Texas: Saunders College Publishing. Vaughan, T. A.; J. M. Ryan & N. J. Czaplewski (2000): Mammalogy. Fourth Edition. Philadelphia, Pennsylvania: Saunders College Publishing. Wilson, D. E. & Reeder, D. M., editores (2005): Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference, 2 vol. 3ª ed. Baltimore, Maryland, EE. UU.: The Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-8221-4.
Outros artigos Marsupiais Australidelfos Diprotodontes Falanxeriformes Petauroideos
Ligazóns externas Acrobatidae Aplin, 1987 en Fossilworks. Acrobatidae Aplin, 1987 no ITIS. Acrobatidae na ADW. Con información, imaxes e bibliografía . Acrobatidae na EOL.
Categoría:Marsupiais