A gaivota cana (Larus canus) é unha ave da familia dos láridos.

Características É unha gaivota pequena que cría en colonias ou soa, en costas, illas e lagoas do interior. É escasa en cidades. Ollo completamente negro e peteiro amarelo. Os xuvenís tardan tres anos en acadar a plumaxe de adulto. Morfoloxicamente machos e femias son completamente iguais. A súa alimentación é variada: peixes, insectos, ratos, calaza e restos orgánicos dos vertedoiros.

Reprodución A reprodución realízase entre os meses de abril e xullo. A posta adoita consistir en 3 ovos que son son chocados ó longo duns 28 días. Os xuvenís voan ás 4 ou 5 semanas. Niño no chan.

Distribución Permanente durante todo o ano nas costas do mar do Norte e do mar Báltico. Tamén cría en Escandinavia e na zona norte de Rusia. Inverna no sur das illas británicas, Francia e na costa ibérica. En Galiza é visitante invernal habitual, estando presente en todo o litoral galego. No resto de Europa só é visible durante o paso migratorio.

Ríos Panisse recolleu para esta ave o nome de papuxa, en Viveiro, aínda que advirte que é unha identificación dubidosa M. do Carme Ríos Panisse: Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia. II. Mamíferos, aves y algas, Universidade de Santiago, 1983, Verba anexo 19..

Taxonomía Hai catro subespecies, dúas das cales son consideradas especies distintas por algunhas autoridades:del Hoyo, J.; Elliot, A.; Sargatal, J., eds. (1998). Handbook of the Birds of the World. 3. Barcelona: Lynx Edicions. p. 621. ISBN 84-87334-20-2.Olsen, K.M.; Larsson, H. (2004). Gulls of Europe, Asia and North America. Helm. ISBN 0-7136-7087-8. L. c. canus – Linnaeus, 1758. É a subespecie nomeada, que se encontra en Europa e oeste de Asia. Pequena; co manto gris de ton medio (é a subespecie máis clara); puntas das ás con moito branco; iris escuro. Envergadura de 110 a 125 cm; peso de 290 a 480 g. L. c. heinei – Homeyer, 1853. Encóntrase no norte de Asia. De mediano tamaño; manto gris escuro (é a subespecie máis escura); puntas das ás con moito negro; iris escuro. Peso de 315 a 550 g. L. c. kamtschatschensis – Bonaparte, 1857; syn. L. kamtschatschensis. Encóntrase no nordeste de Asia. Grande; manto de gris medio a gris escuro; puntas das ás con moito negro; iris claro. Peso de 394 a 586 g. L. c. brachyrhynchus – Richardson, 1831; syn. L. brachyrhynchus. Encóntrase en Alasca e occidente do Canadá. Pequena; manto de gris medio a gris escuro; puntas das ás cun pouco de negro e moito branco; iris claro. Envergadura de 96 a 102 cm; peso de 320 a 550 g.

Notas

Cana