Pape Cheikh Diop Gueye, nado en Dakar (Senegal) o 8 de agosto de 1997, é un futbolista senegalés con pasaporte español. Xoga na demarcación de centrocampista e o seu equipo actual é o Aris Salónica F.C..
Traxectoria Pape chegou a España en 2011 con catorce anos de idade. Despois de xogar no Club Internacional de la Amistad de Palencia e no Montañeros CF da Coruña, uniuse ás categorías inferiores do Celta de Vigo en 2013.
Cheikh fixo o seu debut co Celta B en Segunda División B o 23 de agosto de 2014 entrando no segundo período nun encontro fronte ó CD Lealtad que rematou 0–2 a favor dos celtiñas. O seu primeiro gol co filial celeste chegou oito días despois, anotando o último gol do 5–0 contra a UP Langreo.
O 11 de agosto de 2015, Diop asinou co Celta un novo contrato de cinco anos de duración. Debutou co primeiro equipo en Primeira División o 12 de decembro dese mesmo ano, substituíndo a Nolito nos últimos minutos da vitoria 1–0 sobre o RCD Espanyol.
Palmarés España sub-19 Campionato europeo da UEFA Sub-19: 2015
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com Datos do xogador en soccerway.com
Categoría:Nados en 1997 Categoría:Nados en Dakar Categoría:Futbolistas do Senegal Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do Celta de Vigo B Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Xogadores do Olympique Lyonnais Categoría:Xogadores do Dijon FCO Categoría:Xogadores do Aris Salónica FC Categoría:Xogadores da selección de fútbol de Galicia Categoría:Xogadores do Celta de Vigo internacionais coa selección de fútbol de Galicia Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España sub-19