Acción Integralista Brasileira (AIB, en portugués: Ação Integralista Brasileira) foi un movemento político fascista nacionalista brasileiro creado o 7 de outubro de 1932. Foi fundado por Plínio Salgado, un escritor modernista, xornalista e político, unha figura literaria coñecida pola súa participación na Semana de Arte Moderna de 1922.
Salgado desenvolveu o que viría a ser a AIB, coa Sociedade de Estudos Paulista (SEP), un grupo de estudo sobre os problemas xerais da nación. Os estudos da SEP resultarían na creación da AIB, en 1932. O movemento integralista adoptara algunhas características dos movementos europeos de masa da época, especificamente do fascismo italiano, mais distanciándose do nazismo porque o propio Salgado non apoiaba o racismo. Namentres, a pesar slogan da "unión de todas as razas e todos os pobos", algúns militantes tiñan opinións antisemitas e racistas.
O integralismo brasileiro estaba inspirado nun movemento tradicionalista en Portugal, o integralismo lusitano. Como símbolo, a AIB utilizaba unha bandeira cun disco branco sobre un fondo azul, cun sigma maiúscula (Σ) no seu centro. Os integralistas tamén foron coñecidos como camisas-verdes debido aos uniformes que utilizaban. A AIB, así como todos os outros partidos políticos, desapareceu tras a instauración do Estado Novo, o 10 de novembro de 1937 polo entón presidente Getúlio Vargas.
A AIB, a partir de entón, reafirmouse como unha extensión do movemento constitucionalista. Tan logo o partido iniciou as súas actividades, influenciado polo fascismo italiano, comezaron a acontecer conflitos con grupos rivais, como a ANL, de forma análoga aos conflitos entre partidos fascistas e socialistas en diversos países da época.
Historia Os principais militantes que deron corpo ao movemento integralista brasileiro foron Plínio Salgado, Gustavo Barroso e Miguel Reale. Plínio Salgado sistematizou a teoría do Estado Integral, e creou os uniformes, símbolos, costumes, hábitos e rituais dos participantes do movemento integralista, e creou a Acción Integralista Brasileira en 7 de outubro de 1932, co lanzamento do Manifesto de Outubro de 1932. Nas vésperas das eleccións presidenciais de 1937, nas que Plínio Salgado era o candidato favorito, a AIB lanzou o Manifesto Programa de 1937, que foi un dos principais documentos do movemento, influenciou as realizacións do Estado Novo, e unha gran xeración de políticos como Juscelino Kubitschek, que agradece a Plínio Salgado pola inspiración propiciada polo libro "13 Anos en Brasilia", que o levou a construír a nova capital brasileira. Así como unha serie de programas como a "Casa-Propia" e a "Alfabetización de Adultos". O integralismo foi un movemento moi importante na conxuntura non só da década de 1930, pois influenciaría moitos políticos e intelectuais con actuación posterior a ese período.
De entre os numerosos membros da AIB, pódese citar, alén de Plínio Salgado a: Gustavo Barroso, Miguel Reale, Tasso da Silveira, San Tiago Dantas, Olbiano de Melo, Cámara Cascudo, Neiva Moreira, Gofredo Teixeira da Silva Teles e Inácio da Silva Teles, Raimundo Padilha, Alfredo Buzaid, Madeira de Freitas, Augusto Frederico Schmidt, Gerardo Melo Mourão, Dantas Moto, Vinícius de Moraes, entre outros.
A AIB foi unha organización política que conquistou a simpatía de membros da clase dirixente, dunha parte da clase media e dunha parte dos oficiais das Forzas Armadas. Mesmo o presidente Getúlio Vargas apoiou a organización do movemento integralista desde o seu inicio.
Coa aparición do documento denominado Plano Cohen, foi posíbel o golpe de estado de Vargas, dando entón inicio ao Estado Novo. Parte da alta cúpula integralista coñecía as articulacións de Getúlio para dar o golpe, e Plínio Salgado negociaba o futuro cargo de Ministro de Educación, tentando, con iso, garantir a presenza dos integralistas no novo goberno. Porén Vargas sorprendeu os integralistas, prohibindo a existencia de calquera asociación política a partir de novembro de 1937.
Levantamento integralista No transcurso da disolución da AIB, tras a instauración do Estado Novo, algúns integralistas levantáronse tentando dar un contragolpe á ditadura de Vargas, en 1938.
Severo Fournier, liderando os integralistas, atacou, o 11 de maio de 1938, o Palacio Guanabara. Eran 80 militantes integralistas en total (entre eles un membro da familia imperial brasileira). En resposta, moitos foron fusilados e outros tantos feridos. Cerca de 1 500 integralistas acabaron prendidos e ficaron so a responsabilidade de Filinto Müller para interrogalos. Plínio Salgado, ao final, foi exiliado en Portugal. O ocorrido foi coñecido como Levante integralista.
Afiliados esquerda|miniatura|Departamento Feminino e de Xuventude, década de 1930. En 1936, o total dos seus membros era estimado entre 600 mil e un millón. Segundo o xornal Monitor Integralista (de circulación nacional, así como A Offensiva, principal órgano do partido), na edición do 7 de outubro de 1937, aquel ano o número de afiliados da AIB era superior a un millón. O xornal tamén rexistraba a existencia de máis de 100 xornais. Hai referencias de polo menos catro revistas: A Flâmula, Anauê, Panorama e A Marcha. Segundo un informe interno da AIB, o partido contaba con 1.128.850 membros nas 22 Provincias (como eran chamados os Estados). Na Provincia do Mar, ou sexa, tripulantes de navíos, 2.850.
Soamente na rexión próxima á cidade de Matão, en São Paulo, eran editados os seguintes xornais: A Gazeta de Jaboticabal, O Nacionalista (Araraquara), e Folla Integralista (Taquaritinga). Foron editados 75 libros, destinados a propaganda integralista, sobre filosofía, socioloxía, dereito, economía, historia, política e outros ramos de actividade cultural.
Entre "plinianos" e "plinianas", os nenos integralistas, había 155.000.
En núcleos urbanos doutros países (Montevideo, Buenos Aires, Filadelfia, Xenebra, Zürich, Porto, Berlín, Varsovia e Roma, alén de núcleos en formación en Nova Orleáns, Washington, París, Tokyo, Santiago de Chile, As Palmas e Lisboa) había 6.300 inscritos; e dentro das chamadas inscricións especiais, 59.000 membros.
En conxunto, a AIB reivindicaba un total de 1.352.000 membros distribuídos en 3.600 núcleos no Brasil e no exterior. Existían aínda outros millóns de simpatizantes e miles de peticións de filiación cando a AIB foi ilegalizada, en 1938.
Período de 1945 a 1966 Os integralistas e remanescentes da AIB reorganizáronse no Partido de Representación Popular, o PRP, presidido por Plínio Salgado, e participaron de todas as eleccións do período, desde a Asemblea Constituínte de 1945, até a edición do AI-2, en 1966; o PRP tivo a súa maior representatividade nos Estados do RS, SC, PR, SP e RJ. Plinio foi candidato á presidencia da República en 1955, obtendo cerca do 7% dos votos. Co fin do PRP, gran parte dos seus membros nucleouse na ARENA, inclusive Plinio, que foi parlamentario por esa marca, no Estado de S. Paulo.
Símbolos, vestimentas, rituais e iconografía miniatura|O saúdo "anauê", adoptado polos integralistas brasileiros, de probábel orixe tupi, significando "vostede é meu irmán". A actitude dos integralistas brasileiros en público era marcada pola simboloxía e iconografía adoptada. Os integralistas presentábanse, oficialmente, uniformados. As camisas e cascos eran verde-oliva, os pantalóns eran negros, brancos ou caqui e as gravatas negras.
Saudábanse utilizando a palabra que se presume vir do tupi, "Anauê", que significaría "vostede é meu irmán", co brazo e man estirados , tal como grupos fascistas europeos como os camisas negras italianos e os camisas pardas nazis. Este saúdo é feito polos integralistas até hoxe, e o seu significado, cristalizado nese que os camisas-verdes atribuíron a el.
A bandeira do movemento está composta por un fondo azul cun círculo branco no centro, e no medio do círculo, a letra grega maiúscula sigma, significando a suma dos valores. Cada subdivisión do movemento contaba con símbolos propios, como por exemplo, os plinianos (os grupos de xuventude), cuxa bandeira era similar á oficial, porén, cun cruceiro do sur atrás do sigma.
Habendo unha parada militar, os participantes do movemento marchaban como soldados. Nos seus encontros e concentracións, os integralistas recibían adestramento e instrución de marcha, alén de executar (con algunhas alteracións) moitos dos rituais e simboloxías das Forzas Armadas.
Ideoloxía miniatura|Sesión de peche do Congreso Integralista. Plínio Salgado encóntrase no centro (sentado). Blumenau, 1935. O integralismo brasileiro ideoloxicamente defende a propiedade privada, o rescate da cultura nacional, a moral, valoriza o nacionalismo, os valores morais da práctica cristiá, o principio da autoridade (e por tanto a estrutura xerárquica da sociedade), o combate ao comunismo e ao liberalismo económico.
Comunismo e liberalismo económico A ideoloxía integralista combate tanto o comunismo como o liberalismo económico. Defende que esas dúas posicións ideolóxicas son semellantes debido á súa unidade de raíces teóricas, unidades de valores e unidade de fins, configurándose en dúas doutrinas igualmente materialistas.
Para a ideoloxía integralista, o materialismo histórico, ou sexa, considerar o ser humano exclusivamente baixo os seus aspectos económicos e materiais, é a base do que se chama "civilización burguesa" e é a grande influencia para a formación tanto do liberalismo económico como do comunismo. Para Plínio Salgado a chamada burguesía non é unha clase social ou económica e si un estado de espírito ("Xa dixemos moitas veces e non cansaremos de repetir: a burguesía non é unha clase, é un espírito")"Ja temos dito muitas vezes e não cansaremos de repetir: a burguesia é não é uma classe, é um estado de espírito"</ref>
Desa unidade de fontes teóricas resulta unha unidade de valores. Miguel Reale escribiu "Desde que o marxismo pasou a ser a crítica da sociedade capitalista e (…) un método cómodo de estudar a sociedade burguesa, moitas ideas accesorias viñeron a se unir á tese fundamental da limitación da propiedade individual ou da súa supresión. Hoxe en día xa non é posíbel separalas. O ateísmo, a abolición da familia, o internacionalismo dos pobos, o materialismo en todos os sentidos da vida, todo está tan entrelazado ao ideal socialista, que nos atopamos cun grande paradoxo: É preciso ter espírito estritamente burgués para abrazar o comunismo""Desde que o marxismo passou a ser a critica da sociedade capitalista e (…) um método cômodo de estudar a sociedade burguesa, muitas ideias acessórias vieram se unir a tese fundamental da limitação da propriedade individual ou da sua supressão. Hoje em dia não é mais possível separá-las. O ateísmo, a abolição da família, o internacionalismo dos povos, o materialismo em todos os sentidos da vida, tudo está tão entrelaçado ao ideal socialista, que nos deparamos com um grande paradoxo: É preciso ter espírito estritamente burguês para abraçar o comunismo.".
A unidade de fins que a ideoloxía integralista reputa ao comunismo e ao liberalismo económico é a internacionalización da humanidade. Baixo o dominio dos carteis e grandes corporacións liberais ou baixo o dominio dunha ditadura mundial resultante da revolución do proletariado, segundo os textos integralistas, o fin é o mesmo: a redución de toda a humanidade á condición de proletario baixo a administración dalgúns poucos burócratas especialistas na planificación da produción.
Nacionalismo