miniatura|280x280px|Tabulé.
O tabulé (do árabe: طبولة tabboulah), é unha ensalada típica de Oriente Próximo (Siria e Líbano), elaborada principalmente con bulgur ou sémola de trigo e hortalizas, e adubada con aceite de oliva, zume de limón e diversas herbas aromáticas, como pirixel e mentaDefinición en nome galego en Dicionario de alimentación e restauración. Fonte VV. AA. (2012) Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega. Emprégase coma acompañamento do conxunto de petiscos típicos da zona. Trátase dun prato frío consumido nos calorosos meses do verán en todo o Mundo Árabe.
Características Os seus ingredientes principais son pirixel finamente picado, bulgur, aceite de oliva, tomate, así como leituga e outras herbas aromáticas e servido con zume de limón como adubo. Nalgunhas gastronomías do Medio Oriente adóitase empregar follas de leituga para servir.Terry Carter, et al., Syria and Lebanon, Lonely Planet, 2004
En amplas zonas do Magreb prepárase de forma semellante, substituíndo o bulgur por cuscús.
Notas
Categoría:Ensaladas Categoría:Pratos de cereais Categoría:Gastronomía de Oriente Medio Categoría:Gastronomía de Palestina Categoría:Gastronomía de Siria Categoría:Gastronomía do Líbano Categoría:Vexetarianismo