O muisca ou chibchaEntrada chibcha en Digalego é unha lingua extinta da familia chibcha de Colombia, falada historicamente polo pobo muisca, unha das catro civilizacións indíxenas de América. Os muiscas habitaban nas terras altas centrais (Altiplano Cundiboyacense) do que hoxe se coñece como Colombia. O nome da lingua, muysccubun ou muyskkubun na súa propia lingua significa "lingua do pobo" ou "lingua dos homes", de muyska / muysca ("xente" ou "home") e kubun / cubun ("lingua" ou "verba"). Quick guide muysccubun O termo chibcha quere dicir "mira, home!". Fómeque, cinco siglos de progreso: 1500-2003, p.3
En 1580, debido ó gran número de falantes, foi declarada lingua xeral do Novo Reino de Granada. Creáronse cátedras de Lingua Xeral en Santa Fe onde se ensinaba a lingua muisca ós sacerdotes que debían evanxelizar os indíxenas dos «vales de Bogotá e Tunja», epicentros dos seus dous principais dialectos. A lingua muisca é coñecida grazas ás crónicas e as "fontes primarias da lingua muisca", cinco documentos de corte lingüístico de finais do século XVI e comezos do século XVII por misioneiros das ordes dominica e agostiña co único obxectivo de evanxelizar os indíxenas muiscas. Isto supuxo a aparición de gramáticas, catecismos e vocabularios, como os manuscritos e outros impresos de Juan de Castellanos, Bernardo de Lugo, José Domingo Duquesne e Ezequiel Uricoechea, que permitiron a filólogos e lingüistas do século XIX achegarse a unha lingua extinguida oficialmente a raíz da Real Cédula de Carlos III, que ordenou o 16 de abril de 1770 o ensino do castelán como lingua oficial do Imperio. Porén, dende moito antes a lingua muisca deixara de falarse nalgúns lugares do altiplano, como proba o feito de que en Tabio, o 17 de marzo de 1751, o Fiscal Protector Juan Antonio Peñalver fixo unha visita a dito concello e ó seu agregado Subachoque, pregoando na praza «por voz de lingua castelá por non falarse xa a dos indios».R. de Montes, María Luisa. «Muisquismos en Colombia» (Academia Colombiana da Lingua, Vigía del Idioma, No. 8, xullo de 2005, Bogotá), p. 2
Descrición lingüística Segundo as fontes primarias, a lingua muisca era denominada muysccubun polos indíxenas, verba que segundo se expón na gramática do manuscrito 158 da Biblioteca Nacional de Colombia, componse dos termos muysca (xente ou persoa) e cubun (lingua, ou lingua de nación).OSTLER, Nicholas. “Fray Bernardo de Lugo: Two Sonnets in Muisca”, en Amerindia. Revue d’ethnolinguistique amérindienne, núms. 19-20 (1995). Association d’Ethnolinguistique Amérindienne (AEA). París, páxs. 129-142. No caso do termo “muysca” é preciso prescindir da derradeira vogal para darlle un carácter posesivo.González de Pérez. Diccionario y gramática Chibcha. Manuscrito anónimo de la Biblioteca Nacional de Colombia. Transcripción y estudio histórico-analítico. Instituto Caro y Cuervo. Biblioteca Ezequiel Uricoechea. No. 1. Bogotá. A transcrición fonolóxica da palabra é /mʷɨskkuβun/.González de Pérez, María Stella. Aproximación al Sistema Fonético Fonológico de la Lengua Muisca. 2016.
Pódese describir como unha lingua aglutinante e polisintética. A orde da oración é suxeito obxecto verbo.
Fonoloxía De acordo coa investigadora María Stella González, pódese presentar o seguinte cadro de fonemas para a lingua muisca: Vogais Anterior Central Posterior Pechada <i, j, y> <ɣ, y, i, e, Ø> <u, v, gu> Media <e> < o, u > Aberta < a > Consoantes labial alveolar postalveolar/retroflexa velar glotal nasais < m > < n > oclusivas xordas < p > < t > < c, q > < h > fricativas sonoras < b, f > < g, u, h > fricativas xordas < s, ss, ſ, x > <cħ, ch, x> <ʒh, z, x, ch> Os signos en cursiva e entre < > reflicten diversas representacións ortográficas empregadas nas fontes coloniais para representar os diferentes sons.
Gramática O xenitivo sinálase suprimindo a vogal final do nome. Os sufixos de caso son -c(a), n(a) e -s(a), son marcadores de meta, localización e curso, respectivamente.
Os pronomes persoais:KEY, MARY RITCHIE. International Dictionary Series Wordlist: South American Indian Languages.
Muysccubun Fonética Español hycha /hɨʂa/ eu mue /mue/ ti, vostede as(y) /asɨ/ ou /as/ el, ela, / eles, elas chie /ʂie/ nós mie /mie/ vós
Pronomes demostrativos:
Muisca Fonética Galego Nota ysy /ɨsɨ/ o /ɨs/ ese, esa / eses, esas (Refírese ó que está lonxe da persoa que fala)Tomado de Gómez, Diego F. [http://muysca.cubun.org/Categor%C3%ADa:Dictionary Dicionario muisca - castelán. Publicación dixital] xis /sisɨ/ o /sis/ ese, esa / eses, esas (Refírese ó que está preto da persoa que fala)
Porén, existen tamén outro tipo de pronomes que se engaden a outras palabras como verbos e obxectos. Estes pronomes “adxacentes”, se acompañan obxectos outórganlles un carácter posesivo, e se acompañan verbos din que suxeito fai a acción.
Pronomes adxacentes:
Muisca Fonética Galego z(e)- / i- /tʂɨ/ - /i/ eu (u)m- /um/ o /m/ ti a(sy)- /a/ ó /asɨ/ el, ela / eles, elas chi- /ʂi/ nós mi- /mi/ vós
Exemplos con obxectos:
zeboi = A miña manta. umboi = A túa manta. aboi = A súa manta (del ou dela). chiboi = A nosa manta. miboi = A vosa manta, a manta de vostedes. aboi = A súa manta (deles ou delas).
Exemplos con verbos: zebquysqua = Eu fago. umbquysqua = Ti fas. abquysqua = El fai. chibquysquua = Nós facemos. mibquysqua = Vós facedes, vostedes fan. abquysqua = Eles fan.
O sistema verbal caracterízase pola presenza de marcadores do verbo "ser" ou "verbo substantivo": -gue (posiblemente ) = presente ou pretérito -nga = futuro -ngabe = condicional futuro -san = condicional presente ou pretérito -va ou -ua = interrogativo presente ou pretérito -nnua = interrogativo futuro -nza = negativo -nzacan = condicional negativo
Os demais verbos están agrupados en dous tipos de conxugación, segundo o tempo presente-pretérito estea marcado polos sufixos -squa ou -suca. A conxugación inclúe prefixos persoais (ze-, um-, a-, chi-, mi-, asγ-). Unha característica do sistema son os verbos de baixa especificación semántica, como a raíz verbal -b-ta-(-squa) que sinala transitividade, posponse ás marcas de cada verbo transitivo para adquirir un significado concreto (por exemplo u-b-ta-squa = soltar); tamén a raíz transitiva -b-ga(-squa). A raíz verbal intransitiva -mi(-squa) entra na composición dos verbos intransitivos.Adelaar, Willem F.H. 2005 Verbos de baja especificación semántica y expresiones idiomáticas en la lengua muisca Estudios de Lingüística del Español 22: 2.
Numerais
miniatura|621px|Numerais muiscas. Para o pobo muisca, os numerais estaban estreitamente relacionados co seu calendario lunar. Para contar os números do 11 ó 19, os muiscas facíano comezando coa palabra quihicha, que quere dicir «pé», debido a que ó rematar de contar cos dedos das mans, pásase ós dos pés. Así, por exemplo, once sería quihicha ata, doce sería quihicha boza, etc., até chegar a 20, que é gueta.Duquesne, José Domingo. Disertación sobre el Calendario de los Muyscas (Madrid: 1795), p. 3 Muisca Fonética Galego agueza /aɣuɨtʂa/ Nada, non hai ata /ata/ Un boza /βotʂa/ Dous (Non confundir co topónimo Bosa) mica /mika/ Tres muyhyca /mʷɨhɨka/ Catro hyzca /hɨtʂka/ Cinco taa /taa/ Seis cuhupqua /kuhupkua/ Sete suhuza /suhutʂa/ Oito aca /aka/ Nove ubchihica /uβʂihika/ Dez
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Nicolle Torres Sierra Conquista española das nacións chibchas Bibliografía González de Pérez, María Stella. Aproximación al Sistema Fonético Fonológico de la Lengua Muisca. Caro y Cuervo. 2016. Bogotá. González de Pérez, María Stella. Trayectoria de los estudios sobre la lengua chibcha o muisca. Caro y Cuervo. 1980. Bogotá. Anónimo. Diccionario y gramática chibcha. Manuscrito. 1604-1612 Aprox. Bogotá.
Ostler, Nicholas (1993): "Cases, directionals and conjunctions in Chibcha", Estudios de Lingüística Chibcha 12, pp. 7–33. San José: Universidad de Costa Rica. Ostler, Nicholas (1994): "Syntactic typology of Muisca – a sketch". en: Cole et al. (1994), pp. 205–30. Ostler, Nicholas (1995): "Fray Bernardo de Lugo: two sonnets in Muisca". In: Troiani (1995), pp. 129–42. Ostler, Nicholas (2000): "The development of transitivity in the Chibchan languages of Colombia.", en John Charles Smith e Delia Bentley (eds.), Historical Linguistics 1995, vol. 1.
Ligazóns externas Dicionario e gramática chibcha - World Digital Library Proxecto Muyskkubun - Dicionario español - Muyskkubun Arquivos e fontes en lingua chibcha - Rosetta Project Vídeo animado cos derradeiros gobernantes muiscas - En muisca con substítulos en castelán Colección Lingüística Americana Tomo 1
Categoría:Linguas de Colombia Categoría:Linguas chibchas Categoría:Pobo muisca Categoría:Linguas mortas de América do Sur