O abrótano femia, herba da loba ou santolina Nomes vulgares galegos en Diccionario das ciencias da natureza e da saúde (A-C). A Coruña, Deputación da Coruña, 2000 e Vocabulario de ciencias naturais, Santiago de Compostela, Xunta, 1991 (Santolina chamaecyparissus) é unha especie de planta herbácea ou gamallo, pertencente á familia das Asteráceas, de talo erecto e magro, moi ramificado, follas estreitas e lineares de cor verde agrisada e flores amarelas en capítulos, moi aromáticas, da que se utilizan principalmente as flores en infusiónDefinición en Dicionario de alimentación e restauración VV. AA. (2012) Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega. Ademais das propiedades medicinais, cultívase en Galiza coma ornamental. miniatura|240x240px|Vista da planta miniatura|243x243px|Detalle da flor miniatura|320x320px|Vista da planta
Descrición Posúe numerosos talos delgados sobre o que medran follas de cor verde cinsenta, estreitas, lineais, divididas, carnosas e recendentes. Botan un intenso cheiro aromático que lembra ao da macela, aínda que un chisco desagradábel. No alto agroman unhas testiñas hemisféricas con flores tubulosas de cor amarela. A súa altura pode oscilar entre os 20 e 70 cm. O seu froito é cuadrangular.
Hábitat Planta de clima mediterráneo, orixinaria do sur de Europa, atopándose tamén no norte de África e en América do Norte. Medra en outeiros e ladeiras arxilosas ou pedrentas. En Galiza non é común atopala brava, agás nas zonas de clima de influencia mediterránea.
Propiedades Utilízase para evitar as traza meténdoo dentro das gabetas ou caixóns da roupa. É rica en óleos aromáticos. Pode servir como vermífugo. Ten propiedades estomacais. Antibiótico e desinfectante.
Taxonomía Santolina chamaecyparissus foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 2: 842. 1753. Etimoloxía Santolina: nome xenérico que deriva do latín sanctus = "sagrado" e linum = "liño", baseada nun antigo nome dunha especie deste xénero.En Nombres Botánicos
chamaecyparissus: nome xenérico en latín derivado do grego χαμαικυπάρισσος ("alcipreste do chan"), e xa usado na antiga Roma para nomear a especie.Plinio el Viejo, Historia naturalis 24, 136. Este nome designa tamén ao Chamaecyparis, un xénero de Cupressaceae. Sinonimia Santolina chamaecyparissus subsp. chamaecyparissus Santolina chamaecyparissus subsp. insularis (Gennari ex Fiori) Yeo Santolina chamaecyparissus subsp. pecten Rouy Santolina chamaecyparissus subsp. squarrosa (DC.) Nyman Santolina chamaecyparissus subsp. tomentosa (Pers.) Arcang. Santolina chamaecyparissus var. insularis Gennari ex Fiori Santolina pectinata Benth., non Lag. Santolina pinnata VivSinónimos en Real Jardín Botánico . Abrotanum foemina Garsault Santolina marchii ArrigoniSantolina chamaecyparissus en PlantList
Véxase tamén Outros artigos Santolina (xénero) Historia da Botánica Características das asteráceas
Notas
Categoría:Santolina Categoría:Arbustos de Galicia Categoría:Flora da conca mediterránea Categoría:Plantas descritas en 1753 Categoría:Plantas medicinais Categoría:Plantas ornamentais