é un filme animado xaponés de drama histórico escrito e dirixido por Hayao Miyazaki e animado por Studio Ghibli. Foi lanzado por Toho o 20 de xullo de 2013 no Xapón, e por Touchstone Pictures en Norte América o 21 de febreiro de 2014.Movie Trailers, New Movies, Upcoming Movies, Movies, 2014 Movies, Films, DVD, Blu-ray, TV, Videos, Video, Game, Clips . ComingSoon.net. Consultado o 12 de maio de 2014. Kaze Tachinu é unha biografía ficcionada de Jiro Horikoshi (1903–1982), o deseñador do caza Mitsubishi A5M e do seu sucesor, o Mitsubishi A6M Zero, empregados polo Imperio do Xapón durante a segunda guerra mundial. O filme está adaptado do manga homónimo de Miyazaki, que á súa vez está vagamente inspirada na historia curta de 1937 The Wind Has Risen de Tatsuo Hori. Foi o derradeiro filme dirixido por Miyazaki antes do seu retiro en setembro de 2013. Kaze Tachinu foi o filme xaponés de maior recadación do ano 2013 e recibiu loanzas da crítica. Gañou e foi nomeado a numerosos premios, incluíndo nomeamentos ó Óscar ó mellor filme de animación, ó Globo de Ouro á mellor película en lingua non inglesa e ó Nippon-shō ó mellor filme de animación.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial

Ficha en BoxOfficeMojo Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 2013 Categoría:Filmes en lingua xaponesa Categoría:Filmes en lingua alemá Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes en lingua italiana Categoría:Filmes do Xapón Categoría:Filmes dirixidos por Hayao Miyazaki Categoría:Filmes de Studio Ghibli Categoría:Filmes ambientados en 1918 Categoría:Filmes ambientados en 1923 Categoría:Filmes ambientados en 1927 Categoría:Filmes ambientados en 1929 Categoría:Filmes ambientados en 1932 Categoría:Filmes ambientados en 1933 Categoría:Filmes ambientados en 1945 Categoría:Filmes ambientados no Xapón Categoría:Filmes ambientados en Alemaña Categoría:Filmes de 2013 con versión en galego