miniatura|dereita|Porto de Ribadeo.
O porto deportivo de Ribadeo, coñecido historicamente como porto de Porcillán, é un porto deportivo da vila de Ribadeo, na Mariña lucense. Atópase localizado en Porcillán, no interior da ría de Ribadeo, na cara sur da ponte dos Santos da autovía A-8. É un dos dous portos deportivos con Bandeira Azul que existen na provincia de Lugo.Playas de bandera azul 2016: Galicia, con 123, es la segunda comunidad con más número de enseñas La Voz de Galicia, 6/5/2016.
Se ben Porcillán foi o tradicional porto de Ribadeo, coa construción do Porto de Mirasol para adicalo a actividades comerciais, o peirao quedou adicado á pesca. Despois, coa creación do porto deportivo e as súas sucesivas ampliacións, a actividade pesqueira tamén foi trasladada a outra zona, o porto pesqueiro, quedando Porcillán só adicado a actividades deportivas e como atraque das lanchas que atravesan a ría con pasaxeiros. alt=Peirao de Porcillán Víctor Moro Rodríguez sobre a ría de Ribadeo|miniatura|Peirao de Porcillán Víctor Moro Rodríguez sobre a ría de Ribadeo Ten 622 amarres e pertence ao ente público Portos de Galicia.Porto de Ribadeo Portos de Galicia Está xestionado polo Real Club Náutico de Ribadeo, fundado en 1974 e que ten a súa sede xunto ao porto. alt=Inscrición no peirao.|miniatura|Inscrición no peirao. A canle de acceso ós portos de Ribadeo necesita ser dragado periodicamente. en 2019 presupostanse medio millón de euros para facer o dragado, coa retirada duns 43 000 m3 de area cara a Mirasol e uns 4 300 na dársena do porto deportivo.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Porto de Ribadeo Porto comercial de Ribadeo
Ligazóns externas
Información na web do concello de Ribadeo http://www.clubnauticoribadeo.com
Ribadeo Categoría:Ribadeo