En 1998 a Federación Española de Rugby creou o Campionato de Liga Nacional Primeira Especial, unha nova categoría inserida entre a División de Honra e a Primeira División Nacional, que eran dende os anos 70 as dúas máximas categorías do rugby nacional. Este novo torneo pasou a denominarse División de Honra B trala súa primeira edición, ocupando o segundo chanzo nas ligas nacionais de rugby en España, e desprazando a Primeira Nacional ó terceiro nivel.
Formato de competición
Nesta primeira edición o torneo tivo oito equipos participantes. Dous deles eran o Arquitectura e o Cisneros, descendidos na tempada anterior da División de Honra. Os outros seis equipos saían da última fase de ascenso á División de Honra. Eran o CRAT, o L'Hospitalet, o La Moraleja, o CAU Valencia, o Bera Bera e o Ordizia.
O formato do torneo contou con dúas fases: A primeira fase foi a de liga regular. Nela cada equipo disputou 14 encontros, dous contra cada rival, un como local e outro como visitante. Cada encontro gañado concedía dous puntos para a clasificación, e cada empate concedía un punto. A segunda fase foi a de eliminatorias, polo ascenso e polo descenso. Os catro primeiros equipos da clasificación quedaron emparellados nunhas semifinais a dobre encontro, do mesmo xeito que os catro últimos. Tralas semifinais, os gañadores enfrontáronse entre si, do mesmo xeito que os perdedores, quedando definidas as posicións finais da competición.
O campión do torneo acadou o ascenso á División de Honra 1999-2000, mentres que os dous últimos perderon a categoría.
Fase de liga regular Táboa PostoEquipoPuntosPXPGPEPPPFPC 1º. C.R. La Moraleja26 14 13 0 1 551 149 2º. C.D. Arquitectura 22 14 11 0 3 533 214 3º. C.R. Cisneros 18 14 9 0 5 504 314 4º. R.C. L'Hospitalet 14 14 7 0 7 304 374 5º. C.A.U. Valencia 14 14 7 0 7 298 328 6º. C.R.A.T. 12 14 6 0 8 299 363 7º. Ordizia R.E. 4 14 2 0 12 185 496 8º. Bera Bera R.T. 2 14 1 0 13 109 545
Posicións que clasifican para as semifinais polo ascenso (1º, 2º, 3º e 4º). Posicións que clasifican para as semifinais polo descenso (5º, 6º, 7º e 8º).
PX - Partidos xogadosPG - Partidos gañadosPE - Partidos empatadosPP - Partidos perdidos
PF - Puntos a favorPC - Puntos en contra
Fase final Eliminatorias polo ascenso SemifinaisFinal polo ascenso '''C.R. La Moraleja '''31 '''71 R.C. L'Hospitalet '''0 '''6 C.R. La Moraleja '''11 '''21 '''C.D. Arquitectura '''22 '''16 3º e 4º posto '''C.D. Arquitectura '''13 '''35 R.C. L'Hospitalet '''25 C.R. Cisneros '''8 '''21 C.R. Cisneros '''34 Equipo campión e ascendido á División de Honra: Club Deportivo Arquitectura Eliminatorias pola permanencia Semifinais7º e 8º posto '''C.R.A.T. '''9 '''36 Ordizia R.E. '''16 '''12 '''Bera Bera R.T. '''20 '''15 Ordizia R.E. '''10 '''17 5º e 6º posto '''C.A.U. Valencia '''35 '''63 C.R.A.T. '''15 Bera Bera R.T. '''7 '''14 '''C.A.U. Valencia '''44 Equipos descendidos á Primeira Nacional: Bera Bera Rugby Taldea e Ordizia Rugby Elkartea
Ligazóns externas Resultados das competicións nacionais 1998-1999 Outros artigos División de Honra de Rugby 1998-1999
Categoría:División de Honra B de Rugby Categoría:Rugby en 1998 Categoría:Rugby en 1999