A entrevista de Lois XIV e Filipe IV na illa dos Faisáns (en ), é unha pintura ó óleo sobre lenzo obra do pintor Jacques Laumosnier en 1660.

Historia

A Guerra dos Trinta Anos que enfrontaba aos reinos dos Habsburgos e os seus aliados contra aqueles reinos contrarios ao poder destes, enfrontou a España e Francia por este motivo. A guerra entre ambos reinos durou dez anos e finalizou coa derrota española na batalla das Dunas de 1658 e coa sinatura do Tratado dos Pireneos o 7 de xullo de 1659 na illa dos Faisáns, situada sobre o río Bidasoa que separa ambos países.

Descrición A pintura representa o encontro entre o rei Lois XIV de Francia e Filipe IV de España na illa dos Faisáns o 7 de xuño de 1659, no cal o monarca español entregaba á súa filla María Tareixa ao francés como esposa. O encontro serviu tamén para asinar o Tratado dos Pireneos, que poñía fin á guerra dos Trinta Anos.

Polo lado francés poden verse á raíña viúva Ana de Austria, irmá do rei de España e nai do francés. Tamén aparecen o duque Filipe I de Orleáns e o cardeal Jules Mazarin –plenipotenciario do rei–.

Pola parte española, o rei Filipe IV aparece acompañado da súa filla María Tareixa, o seu fillo e herdeiro Carlos, o Conde-Duque de Olivares Luis de Haro –plenipotenciario do rei–, e un dos organizadores do encontro Diego Velázquez, que nese momento contaba con sesenta anos de idade.miniatura|Tapiz de Charles Le Brun representando a mesma escena situado na Embaixada de Francia en Madrid.|centro Notas

Véxase tamén

Categoría:Obras pictóricas de 1660