Non confundir con Fernando Quesada Castro, catedrático de Filosofía Política da UNED. Non confundir con Fernando Quesada Sanz, catedrático de Arqueoloxía da UAM.

Fernando Quesada Porto, nado en Ourense o 27 de agosto de 1933 e finado en Vigo o 17 de xuño de 2016, foi un viñetista, pintor e funcionario galego, coñecido polo seu traballo para Faro de Vigo.

Traxectoria Xogou como dianteiro centro e extremo no Club Deportivo Ourense.

Autodidacta e membro dunha extensa familia de artistas (irmáns seus son: Carlos, Antonio e Xaime Quesada Porto e sobriños: María Fe Quesada Rodríguez e Xaime Quesada Blanco), traballou como caricaturista para varios medios, como Arriba (dirixido por Manuel Blanco Tobío), Pueblo, Blanco y Negro, Interviú, Cambio 16, La Codorniz, Can sen dono, La Región ou La Opinión de Zamora, mais, principalmente, para Faro de Vigo, onde ingresou chamado por Xosé Díaz Jácome e estivo durante cincuenta anos, de 1961 a 2011, chegando a ser o decano dos humoristas gráficos galegos.«Fernando Quesada, el inolvidable humorista gráfico…» Faro de Vigo, 18/6/2016 .

En 1960 casou con Ana Legido Soto (1939-2012), tamén pintora, coa que tivo seis fillos, dos que lles sobreviviron catro: María Teresa (1962, pintora), Beatriz (1963, xornalista), David (1970, empresario) e Alejandro (1975, tamén pintor).

Foi funcionario, inspector xefe do Servizo de Vixilancia Aduaneira e xefe provincial de Pontevedra.

Varias editoriais galegas publicaron libros de recompilacións dos seus debuxos: Chispas da roda I, 1972, colección "O Moucho", Castrelos. Chispas da roda II, 1973, colección "O Moucho", Castrelos. Chispas da roda III, 1974, colección "O Moucho", Castrelos. Cousas da terra, 1975, La Región de Ourense.Imaxe da portada de Cousas da terra Chispas da roda IV, 1976, colección "O Moucho", Castrelos. Chispas da roda V, 1979, colección "O Moucho", Castrelos. Humor a rapañota, 1981, con prólogo de Mingote. Galaxia. Xente a esgalla, 1981, con contracuberta de E. Alonso, Galaxia. Xente de hoxe, 1985, Galaxia. Xente para todo, 1987, Galaxia. Quesadas, 1994, Ir Indo Edicións. Chispas de Quesada, 2007, Edicións Xerais de Galicia.Chispas de Quesada en Dialnet. Das súas obras pictóricas, figurativas e de tendencia expresionista, presentes en pinacotecas como o Museo Municipal Quiñones de León ou a Colección Afundación,Fernando Quesada na Colección Afundación. destacan: Máscara y viejo (1986), Tres figuras (1986), Dama en verde (1991), Caserío (1992) e La casa de la Ville (1998).

Recoñecementos Entre outros, obtivo o premio Mingote do xornal ABC (1969),«Todos los premiados», xornal ABC o Premio Humor Gráfico da Xunta de Galicia (dúas veces) e o premio da ONCE.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

(prólogo) (1970). ''Humor gráfico español del siglo XX" pp. 176–177, Biblioteca Básica Salvat.

Outros artigos Luís Davila

Ligazóns externas galegos.galiciadigital.com : «Chispas de Quesada» 18/11/2007.

Categoría:Debuxantes de Galicia Categoría:Caricaturistas de Galicia Categoría:Pintores de Galicia do século XX Categoría:Faro de Vigo Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1933 Categoría:Finados en 2016 Categoría:Artigos creados co asistente para a creación de artigos Categoría:Pintores expresionistas