A estación de Xixón, tamén coñecida como Xixón–Sanz Crespo, é unha estación de tren de Adif situada na cidade de Xixón. É de carácter terminal e provisional e foi inaugurada o 28 de marzo do 2011. Ten servizos de longa e media distancia, rexionais e proximidades operados por Renfe tanto de vía estreita como de ancho ibérico.
Atópase na rúa Sanz Crespo do barrio homónimo, preto do Palacio de Xustiza.
Situación ferroviaria A estación atópase situada a 8 metros de altitude nos trazados de varias liñas férreas tanto de ancho ibérico como de ancho métrico: Liña férrea de ancho ibérico Venta de Baños-Xixón.Rede ferroviaria española Ministerio de Fomento Liña férrea de ancho métrico Xixón-Pola de Laviana.Estación de Xixón Euroferroviarios Liña férrea de ancho métrico Ferrol-Xixón.
Historia Ao comezo da década dos anos 90 a cidade de Xixón sufriu unha ampla reorganización ferroviaria.O traslado de Renfe á nova estación provisional implica tamén o peche da estación de Jovellanos Vía libre A histórica estación do Norte foi pechada e o tráfico distribuíuse entre a nova estación de Jovellanos para trens de longo percorrido e a estación de Xixón-Cercanías. Ambas as estacións combináronse con Feve de tal forma que ambas ofrecían servizos de vía estreita e de vía ancha. En 2002 coa vista posta na alta velocidade e en mellorar a intermodalidade entre os distintos servizos de transporte existentes creouse a Sociedad Gijón al Norte co fin de reordenar o armazón ferroviario da cidade. Os plans iniciais incluían o soterramento das vías e a creación dunha nova estación. Para iso considerouse necesario construír un recinto provisional cuxas obras se iniciaron no primeiro trimestre do ano 2009.La obra de la estación provisional de Sanz Crespo arranca el día 27 con los trabajos de replanteo El Comercio As mesmas concluíron en marzo do 2011 sendo inaugurada a nova estación provisional de Sanz Crespo o 28 de marzo de 2011. A principios do 2013, os graves problemas económicos da Sociedad Gijón al Norte con dificultades para financiarse e vender os terreos liberados tras as obras iniciais supoñen un freo na continunidade do proxecto.Gijón Norte en la encrucijada La Nueva España
A estación thumb|right|250px|Plataformas da estación en 2012. A nova terminal consiste nunha plataforma para seis vías, tres de ancho ibérico e tres de ancho métrico e tres plataformas sobre os terreos de Sanz Crespo comprendidos entre os pasos superiores de Carlos Marx e da avenida do Príncipe de Asturias. Todas as vías terminan en fondo de saco xunto ao edificio de viaxeiros. O inmoble, en forma de 'L', ocupa unha superficie total construída de 2.250 metros cadrados, dos cales 1.200 son en planta baixa e outros 800 corresponden a un nivel superior en altura. Nel terán cabida todos os servizos que precisan as empresas ferroviarias (Renfe e Adif), incluíndo vestiarios, oficinas, atención ao cliente, zona de cafetería, locais comerciais e un amplo vestíbulo no que se poñerán á venda os billetes. Os materiais construtivos utilizados tanto no edificio como na praia de vías están concibidos para ser reutilizados.
Servizos ferroviarios Longa distancia Actualizado a 23 de xuño de 2016. Tren Orixe Paradas intermedias Destino Observacións Alvia Madrid-Chamartín Segovia-Guiomar · Valladolid-Campo Grande · Palencia · León · Pola de Lena · Mieres-Puente · Oviedo Xixón 3/4 trens diarios por sentido Alvia Alacant-Terminal Villena AV · Albacete-Los Llanos · Cuenca-Fernando Zóbel · Madrid-Puerta de Atocha · Madrid-Chamartín · Segovia-Guiomar · Valladolid-Campo Grande · Palencia · Sahagún · León · Pola de Lena · Mieres-Puente · Oviedo Xixón 1 tren diario por sentido Alvia Xixón Oviedo · Mieres-Puente · León · Sahagún · Palencia · Valladolid-Campo Grande · Madrid-Chamartín · Madrid-Puerta de Atocha · Cidade Real · Puertollano · Córdoba-Central · Sevilla-Santa Justa · Xerez da Fronteira · El Puerto de Santa María · San Fernando-Bahía Sur Cádiz 1 tren diario por sentido Alvia Xixón Oviedo · Mieres-Puente · León · Sahagún · Palencia · Valladolid-Campo Grande · Madrid-Chamartín · Madrid-Puerta de Atocha · Valencia-Joaquín Sorolla · Sagunt · Castelló de la Plana · Benicàssim Orpesa 6 trens semanais por sentido Alvia Barcelona-Sants Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Tafalla · Pamplona · Vitoria · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · Sahagún · León · La Robla · Pola de Lena · Mieres-Puente · Oviedo Xixón 6 trens semanais por sentido
Media distancia Actualizado a 23 de xuño de 2016. Liñas Trens Orixe/Destino <> Destino/Orixe 24 Rexional Valladolid-Campo Grande <> Xixón
Rexionais Actualizado a 23 de xuño de 2016. Liña Trens Orixe/Destino <> Destino/Orixe R-1 Ferrol <> Xixón
Proximidades A estación forma parte da rede de proximidades Asturias integrándose nas liñas C-1, F-4, F-5 e o semidirecto Xixón-Oviedo denominado tamén en ocasións liña F-9. En todos os casos exerce de terminal.
Trens turísticos O trazado de vía estreita, pola súa natureza e as paraxes percorridas, dá lugar a unha serie de trens turísticos historicamente operados por Feve e en mans de Renfe Operadora desde 2013. Estes trens son o Estrela do Cantábrico entre Xixón e Llaviana, e o Transcantábrico entre León e Ferrol, vía Bilbao. Este último tren é de luxo, mesmo ten unha versión de gran luxo. As viaxes que se realizan en datas concretas, principalmente no verán, inclúen visitas a museos e turismo gastronómico.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Información na web de Adif Xixón Categoría:Transporte en Xixón