miniatura|Nahum, na Porta Santa da Catedral de Santiago de Compostela. Nahum, en hebreo: נחום (finais do s. VIII a C - comezos do s. VII a C), foi un profeta menor orixinario de Galilea que escribiu o Libro de Nahum, un dos libros do Antigo Testamento, onde, en oráculos, anunciou a fin do Imperio Asirio e a destrución de Nínive, a capital. É o sétimo profeta segundo a lista tradicional de doce profetas menores.Libro de Nahum en ABibliaGalega.com

Descrición miniatura|Nahum, por Aleijadinho, en Congonhas (Minas Xerais, Brasil) 1800-5. O seu nome provén do hebreo נָחוּם [Nājjūm], que significa "cheo de consolación".O nome podería representar un epíteto de Yahveh, quen é consolador e confortador de aqueles que sofren. Con todo, pouco se sabe deste Najum. No propio Libro de Nahum di que era un «elkesita» ou «elkoshita». O esexeta bíblico Xerome de Estridón, no seu comentario respecto deste libro, nota erroneamente que «eljoshita» é unha indicación patronímica: "fillo de Elqosh". Con todo, trátase dun xentilicio: o profeta naceu en Eljosh.

A teoría máis aceptada respecto de sitio provén de Vidas dos profetas, obra que se adoita atribuír a san Epifanio: «Elqosh queda máis aló de Beth-Gabre, na tribo de Simeón».Patrologia Greca, 43.409.

Beth-Gabre (Beit Jibrín) sería a antiga Eleuterópolis, na fronteira de Xudá con Simeón. Esta postura foi adoptada polo martiroloxio romano: o 1 de decembro celébrase Begabar (que posiblemente sexa derivación de Beth Gabre).

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Libro de Nahum Ligazóns externas «El profeta Nahún» Erain Ikastetxea. Grupo Educativo COAS (Opus Dei). «El Antiguo Testamento: Los Profetas Menores. Nahún» .

Categoría:Profetas Categoría:Personaxes do Antigo Testamento