Cayetano Luis Martínez de Irujo y Fitz-James Stuart, nado en Madrid o 4 de abril de 1963, IV Duque de Arjona e XIV Conde de Salvaterra, Grande de España, é un xinete español de equitación, na especialidade de saltos. É o quinto fillo de Cayetana Fitz-James Stuart, XVIII duquesa de Alba (1926-2014) e Luis Martínez de Irujo y Artázcoz (1919-1972).

Participou nos Xogos Olímpicos de Barcelona 1992 conseguindo un 4º posto en saltos por equipos. En 2006 proclamouse en Benahavís campión de España de saltos, con Kesberoy St. Aubert. Desde 2012 e ata 2015, que foi destituído por unha moción de censura presentada por Antonio García-Plata (sucesor no cargo), presidiu a Asociación de Deportistas, en substitución de Emilio Sánchez Vicario.Cayetano Martínez de Irujo sucede a Emilio Sánchez Vicario como presidente da Asociación de Deportistas, Europa Press, Deportes, 10 de setembro de 2012

Tamén foi actor, interpretando ao Duque de Wellington na película Goya's Ghosts de Miloš Forman.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial

Categoría:Xinetes e amazonas olímpicos de España Categoría:Condes de España Categoría:Duques de España Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1963 Categoría:Grandeza de España Categoría:Xinetes e amazonas nos Xogos Olímpicos de 1992