Benahavís é un concello español da provincia de Málaga, en Andalucía. Tiña unha poboación de 7.105 habitantes en 2015.

Atópase na comarca da Costa del Sol Occidental, entre Marbella, Estepona e Ronda. É unha vila de montaña, situada a 7 km da costa, na Serranía de Ronda.

Benahavís mestura o tipismo dos tradicionais pobos brancos da provincia de Málaga coa modernidade dunhas infraestruturas turísticas propias do século XXI. O municipio reúne unha decena de campos de golf, diversos recursos para a práctica de deportes de aventura nunha fermosa contorna natural e unha variada oferta gastronómica.

Véxase tamén Ligazóns externas

Sitio web oficial

Categoría:Concellos da provincia de Málaga