O intento de golpe de Estado en Turquía en 2016 refírese a unha mobilización armada realizada o 15 de xullo de 2016 por algunhas faccións dentro das Forzas Armadas de Turquía co fin de derrocar o goberno do presidente Recep Tayyip Erdoğan. A mobilización realizouse principalmente na capital Ankara e na cidade de Istanbul, a meirande do país. Aínda que nun comezo os sublevados acadaron o control de lugares estratéxicos, a situación evolucionou axiña nas horas seguintes despois dun masivo rexeitamento tanto da cidadanía, que saíu a protestar nas principais cidades, como de tódolos partidos políticos (incluíndo os da oposición) e a comunidade internacional. Logo de varios enfrontamentos nas rúas entre civís e militares e o bombardeo de edificios gobernamentais como a Asemblea Nacional e o Complexo Presidencial, o intento de golpe fracasou.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Asasinato de Andrei Karlov Ligazóns externas

Novas en BBC News Novas en The Telegraph Novas en CNN Novas en Al Jazeera Novas en The Wall Street Journal Novas en The New York Times

Categoría:2016 Categoría:Historia de Turquía Categoría:Tentativas de golpes de Estado