Mehmet Cengiz Öz, nado en Cleveland, Ohio o 11 de xuño de 1960), máis coñecido como Dr. Oz, é un cirurxián, autor e personalidade televisiva turco-americano. É defensor da medicina alternativa e ten sido criticado por profesionais médicos, representantes de gobernos e publicacións como Popular Science e The New Yorker por dar consellos non científicos.
Öz apareceu na televisión por primeira vez no programa The Oprah Winfrey Show en 2004, e posteriormente en Larry King Live e outros programas. En 2009, The Dr. Oz Show, un programa diario centrado en temas médicos e saúde persoal, foi lanzado por Harpo Productions e Sony Pictures.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Nados en 1960 Categoría:Nados en Cleveland, Ohio