Anastasia é un filme estadounidense de animación, producido por Fox Animation Studios e distribuído por 20th Century Fox, que dirixido por Don Bluth e Gary Goldman. Está protagonizado polas voces Meg Ryan, John Cusack, Kelsey Grammer, Hank Azaria, Christopher Lloyd e Angela Lansbury. O filme é unha adaptación da lenda da duquesa Anastasia, que afirma que escapou da execución da súa familia.

O filme estreouse o 14 de novembro de 1997 na cidade de Nova York e nos Estados Unidos o 21 de novembro do mesmo ano. Malia as obxeccións dalgúns historiadores polo seu argumento fantasioso que re-escribe a vida da duquesa, tivo unha acollida boa por parte da crítica. Dun orzamento de $50 millóns, recadou $139 804 348 en todo o mundo, facendo de Anastasia un grande éxito. Tamén recibiu nomeamentos a varios premios, incluíndo a dous Oscars, por mellor canción orixinal ("Journey to the Past") e mellor banda sonora.

Personaxes Meg Ryan como Anastasia Kirsten Dunst como Anastasia de nena Lacey Chabert como voz de canto da Anastasia nena Liz Callaway como voz de canto da Anastasia maior John Cusack como Dimitri Glenn Walker Harris Jr. como Dimitri de neno Jonathan Dokuchitz como voz de canto de Dimitri Kelsey Grammer como Vladimir "Vlad" Vanya Voinitsky Vasilovich Christopher Lloyd como Grigorii Rasputin Jim Cummings como voz de canto de Rasputin Hank Azaria como Bartok Angela Lansbury como Emperatriz María Bernadette Peters como Sophie Stanislovskievna Somorkov-Smirnoff Andrea Martin como "Comrade" Phlegmenkoff Rick Jones como Tsar Nicolao II de Rusia Rick Jones como as voces do soldado revolucionario, do servente e do axente de billetes Charity James como Anastasia impostora Debra Mooney como Actriz Arthur Malet como Traveling Man

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Ficha en AllMovie Ficha en Box OfficeMojo Ficha en RottenTomatoes

Categoría:Filmes de 1997 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Don Bluth Categoría:Filmes dirixidos por Gary Goldman Categoría:Filmes de 20th Century Fox Categoría:Filmes sobre orfos Categoría:Filmes de historia alternativa dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes sobre a Revolución Rusa Categoría:Filmes ambientados en 1916 Categoría:Filmes ambientados en 1917 Categoría:Filmes ambientados en 1926 Categoría:Filmes ambientados en San Petersburgo Categoría:Filmes ambientados en Rusia Categoría:Filmes ambientados en Alemaña