O Club Deportivo Palencia Balompié foi un equipo de fútbol español da cidade de Palencia. Fundouse en 2011 e desapareceu en 2019.
Historia O equipo fundouse en 2011 por parte de afeccionados que non estaban de acordo coa conversión do Club de Fútbol Palencia en sociedade anónima deportiva. Tomou o nome de Club Deportivo Palencia como o primeiro equipo de fútbol fundado na cidade en 1929.
O 21 de xuño de 2014, o Palencia sobe a Terceira División grazas ao ascenso do Atlético Astorga e do Real Valladolid B a Segunda B.
Na súa primeira tempada en Terceira o equipo acaba en terceira posición, xogando a promoción de ascenso a Segunda División B, na que cae eliminado en segunda rolda polo Atlético Levante. Na seguinte tempada acada novamente a terceira posición e ascende a Segunda B despois de eliminar na promoción a Loja CD, SD Logroñés e Deportivo Aragón.
Datos do club Tempadas en 1ª: 0 Tempadas en 2ª: 0 Tempadas en 2ª B: 1 Tempadas en 3ª: 2
Tempada a tempada Tempada Categoría Posición2011–12Provincial2º2012–131ª Rexional7º2013–141ª Rexional3º2014–153ª3º2015–163ª3º2016–172ªB
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web
Palencia Categoría:Deporte en Palencia