Amigas y conocidas é un programa de televisión emitido pola cadea española La 1 de Televisión Española de luns a venres despois de La mañana. Comezou a emitirse o 2 de setembro de 2014 e está presentado por Inés Ballester.
Historia O luns 4 de agosto de 2014, La mañana de verano (versión estival de La mañana de La 1) estreou unha nova sección na que se reunían seis mulleres coñecidas para debater e opinar sobre varios temas de actualidade. Estas mulleres eran Inés Ballester (a presentadora substituta de Mariló Montero durante a época estival), Loles León, Alba Carrillo, Carmen Delgado, Teresa Bueyes e Paloma Gómez Borrero.
Tras a boa acollida da sección nas redes sociais, Televisión Española decidiu independizala para testar o seu funcionamento como formato propio. Deste xeito, Amigas y conocidas estreouse o martes 2 de setembro de 2014, ás 13:15 horas, en La 1.
No verán de 2015 Beatriz Cortázar (unha das interlocutoras) substituíu a Inés Ballester como presentadora durante as vacacións. No verán de 2016 a súa substituta foi Berta Collado.
Formato Amigas y conocidas é a adaptación española do programa estadounidense The View. No formato, seis mulleres de distintas xeracións debaten sobre varios temas de actualidade, ofrecendo os seus diferentes puntos de vista.
Equipo Presentadoras Inés Ballester (2014-¿?) Beatriz Cortázar (verán de 2015) Berta Collado (verán de 2016)
Colaboradoras Sonia Ferrer (2015-¿?) Cristina Almeida (2014-¿?) Marta Robles (2014-¿?) Isabel San Sebastián (2014-¿?) Ángela Vallvey (2015-¿?) Rosa Villacastín (2015-¿?) Carmen Ro (2015-¿?) Berta Collado (2015-¿?) Francine Gálvez (2015-¿?) Beatriz Cortázar (2015-¿?) Luz Sánchez-Mellado (2016-¿?) Elia Rodríguez (2016-¿?) Silvia Olmedo (2016-¿?)
Antigas Paloma Gómez Borrero (2014-2017) Loles León (2014-2015) Teresa Bueyes (2014-2015) Carmen Delgado (2014-2015) Alba Carrillo (2014-2015) Mari Pau Domínguez (2014-2016) Laura Múgica (2016)
Audiencias Tempada Episodios Estrea Final Audiencia Espectadores Cota 1 235 2 de setembro de 2014 31 de xullo de 2015 417.000 6,7% 2 - 17 de agosto de 2015 xullo de 2016 Total - 2014 -
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial de La Mañana Ficha en IMDb
Categoría:Programas de Televisión Española Categoría:Programas de televisión de variedades de España