A figura do subsecretario de Estado en España, coñecida xeralmente como subsecretario, creouse por Real Decreto de 16 de xuño de 1834 como asistente das chamadas Secretarías de Despacho (actualmente Ministerios).

Os subsecretarios son nomeados e cesados por Real Decreto do Consello de Ministros a proposta do titular do Ministerio correspondente.

Os nomeamentos deberán de efectuarse, atendendo a criterios de competencia profesional e experiencia, entre funcionarios de carreira aos que se exixa para o seu ingreso o título de Doutor, Licenciado, Enxeñeiro, Arquitecto ou equivalente.

Competencias Segundo a Lei 40/2015, de Réxime Xurídico do Sector Público, os subsecretarios ostentan a representación ordinaria do Ministerio, dirixen os servizos comúns, exercen as competencias correspondentes a ditos servizos comúns e, en todo caso, as seguintes:

Apoiar aos órganos superiores na planificación da actividade do Ministerio, a través do correspondente asesoramento técnico. Asistir ao ministro no control de eficacia do Ministerio e os seus Organismos públicos. Establecer os programas de inspección dos servizos do Ministerio, así como determinar as actuacións precisas para a mellora dos sistemas de planificación, dirección e organización e para a racionalización e simplificación dos procedementos e métodos de traballo, no marco definido polo Ministerio de Facenda e Administracións Públicas. Propoñer as medidas de organización do Ministerio e dirixir o funcionamento dos servizos comúns a través das correspondentes instrucións ou ordes de servizo. Asistir aos órganos superiores en materia de relacións de postos de traballo, plans de emprego e política de directivos do Ministerio e os seus Organismos públicos, así como na elaboración, execución e seguimento dos orzamentos e a planificación dos sistemas de información e comunicación. Desempeñar a xefatura superior de todo o persoal do Departamento. Responsabilizarse do asesoramento xurídico ao ministro no desenvolvemento das funcións que a este lle corresponden e, en particular, no exercicio da súa potestade normativa e na produción dos actos administrativos da competencia daquel, así como aos demais órganos do Ministerio.

Nos mesmos termos di parágrafo anterior, informar as propostas ou proxectos de normas e actos doutros Ministerios, cando regulamentariamente proceda.

A tales efectos, o subsecretario será responsábel de coordinar as actuacións correspondentes dentro do Ministerio e en relación cos demais Ministerios que teñan que intervir no procedemento. Exercer as facultades de dirección, impulso e supervisión da Secretaría Xeral Técnica e os restantes órganos directivos que dependan directamente del. Administrar os créditos para gastos dos orzamentos do Ministerio pola súa materia propios da Subsecretaría, aprobar as modificacións orzamentarias dos mesmos, aprobar e comprometer os gastos con cargo a aqueles créditos e recoñecer as obrigas económicas e propoñer o seu pagamento no marco do plan de disposición de fondos do Tesouro Público. Todo iso dentro da contía que, no seu caso, estableza o Ministro para o efecto e sempre que os referidos actos non sexan competencia do Consello de Ministros. Conceder subvencións e axudas con cargo aos créditos de gasto propios do Ministerio cos límites establecidos polo titular do Departamento. Solicitar do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas a afectación ou o arrendamento dos inmóbeis necesarios para o cumprimento dos fins dos servizos a cargo do Departamento. Nomear e cesar aos subdirectores e asimilados dependentes da Subsecretaría, ao resto de persoal de libre designación e ao persoal eventual do Departamento. Convocar e resolver probas selectivas de persoal funcionario e laboral. Convocar e resolver os concursos de persoal funcionario. Exercer a potestade disciplinaria do persoal do Departamento por faltas graves ou moi graves, salvo a separación do servizo. Adoptar e impulsar, baixo a dirección do ministro, as medidas tendentes á xestión centralizada de recursos humanos e medios materiais no ámbito do seu Departamento ministerial. Autorizar as comisións de servizo con dereito a indemnización por contía exacta para altos cargos dependentes do subsecretario. Calesquera outras que sexan inherentes aos servizos comúns do Ministerio e á representación ordinaria do mesmo e as que lles atribúan a lexislación en vigor.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Ministro Político Secretario de Estado

Ligazóns externas Ley 40/2015, de 1 de octubre, de Régimen Jurídico del Sector Público

Categoría:Administración Categoría:Política