O Palacio Euskalduna de Congresos e da Música (en éuscaro: Euskalduna Jauregia), máis coñecido como Palacio Euskalduna, é un centro de convencións e de espectáculos situado na cidade de Bilbao, no País Vasco.

Foi inaugurado o 19 de febreiro de 1999. Os seus arquitectos son Federico Soriano e Dolores Palacios. Ten espazos para espectáculos escénicos e para a celebración de reunións e demais actos do mundo empresarial. É tamén sede da histórica Bilbao Orkestra Sinfonikoa. Ademais, dentro do edificio, na terceira planta atópase o famoso restaurante Etxanobe, dirixido por Fernando Canales, cociñeiro vasco que conta cunha estrela Michelin.

Sitúase xunto á ría de Bilbao, ocupando parte dos terreos sobre os que se levantaron os Estaleiros Euskalduna.

Véxase tamén Ligazóns externas

Sitio web oficial Sitio web oficial do Restaurante Etxanobe

Categoría:Teatros de España Categoría:Teatros de ópera de España Palacio Euskalduna Categoría:Palacios de España