miniatura|200px|Buque portacontedores. miniatura|200px|O Queen Mary 2 na ría de Vigo. A Mariña mercante é a frota de barcos usados para o comercio e o turismo, e que en caso de catástrofe poden formar parte da Mariña militar. (Véxase barco mercante). A mariña mercante de Grecia é a máis grande do mundo. Hoxe, a frota grega representa preto do 16 por cento da tonelaxe mundial; isto convértea na actualidade na frota mercante internacional máis grande do mundo, aínda que non a maior da historia.
Categorías Estas frotas poden seren divididas en diversas categorías de acordo co seu propósito ou o seu tamaño: Buques de carga seca, principalmente portacontedores. Buques especializados, por exemplo, para cargas moi pesadas, para o transporte de vehículos ou de maquinaria especial. Costeiros, barcos máis pequenos para calquera categoría de carga que normalmente non fan rotas transoceánicas, senón transportes ao longo das costas (cabotaxe). Cruceiros, barcos de pasaxeiros para realizaren viaxes de lecer. Transbordadores, que na súa maioría combinan a carga de pasaxeiros e os seus automóbiles, e que se utilizan normalmente para rotas regulares entre dous portos. Tanques para o transporte de combustíbeis ou outros líquidos, como petróleo cru, petróleo refinado e outros produtos petrolíferos, gas licuado de petróleo (como o gas natural, o propano e o butano) e produtos químicos (quimiqueiros). Tamén líquidos comestíbeis, como aceites vexetais, viño e outros alimentos. O sector dos buques tanque comprende unha terceira parte da tonelaxe mundial.
Véxase tamén Outros artigos Armada (mariña) Barco mercante
Bibliografía
Barros, Amândio Jorge Morais. ''Os portos marítimos da Península Ibérica durante a Idade Média''.
Categoría:Navegación Categoría:Transporte