miniatura|right|200px|Un corredor do equipo. O IAM Cycling (código UCI: IAM) é un equipo ciclista que compite no UCI WorldTour logo de ascender da categoría Profesional Continental na tempada 2014. Este conxunto foi fundado no ano 2013 e o seu patrocinador principal é IAM Independent Asset Management SA. O IAM monta bicis Scott con compoñentes Shimano e rodas da marca DT Swiss.

Historia O proxecto de creación do IAM Cycling foi anunciado o 19 de abril de 2012 durante o Tour de Romandía, porén, a súa presentación oficial celebrouse o 10 de decembro de 2012. Na tempada 2013, o IAM comezou na categoría Profesional Continental e nese mesmo ano obtivo unha invitación para disputar a París-Niza.

Na tempada seguinte, a do 2014, o equipo confirmou as fichaxes de ciclistas como Sylvain Chavanel, Jérôme Pineau, Mathias Frank ou Roger Kluge. Ademais tamén participou no Tour de Francia e na Volta a España.

No mes de maio de 2016, o equipo anunciou que desaparecería ao final da tempada e que non habería unha posibilidade secundaria para proseguir.

Equipo miniatura|right|150px|Autobús do equipo na tempada 2016. miniatura|right|150px|O coche e as bicis que utiliza o equipo. Na tempada final do 2016 Ciclista Nacemento Equipo anterior Marcel Aregger 28 de agosto de 1990 Atlas Personal-Jakroo (2012) Matthias Brändle 7 de decembro de 1989 NetApp (2012) Clément Chevrier 29 de xuño de 1992 Trek Factory Racing (2014) Stef Clement 24 de setembro de 1982 Belkin (2014) Jérôme Coppel 6 de agosto de 1986 Cofidis (2014) Stefan Denifl 22 de setembro de 1987 Vacansoleil-DCM (2012) Dries Devenyns 22 de xullo de 1983 Giant-Shimano (2014) Martin Elminger 23 de setembro de 1978 Ag2r-La Mondiale (2012) Sondre Holst Enger 17 de decembro de 1993 Sparebanken Sør (2014) Mathias Frank 9 de decembro de 1986 BMC Racing Team (2013) Jonathan Fumeaux 7 de marzo de 1988 Atlas Personal-Jakroo (2012) Heinrich Haussler 25 de febreiro de 1984 Garmin-Sharp (2014) Reto Hollenstein 22 de agosto de 1985 NetApp (2012) Leigh Howard 18 de outubro de 1989 Orica-GreenEDGE (2015) Roger Kluge 5 de febreiro de 1986 NetApp-Endura (2013) Vegard Stake Laengen 7 de abril de 1989 Joker (2015) Pirmin Lang 25 de novembro de 1984 Atlas Personal-Jakroo (2012) Oliver Nesen 16 de setembro de 1990 Topsport Vlaanderen-Baloise (2015) Jarlinson Pantano 19 de novembro de 1988 Colombia Simon Pellaud 6 de novembro de 1992 Atlas Personal-Jakroo (2012) Matteo Pelucchi 21 de xaneiro de 1989 Europcar (2012) Vicente Reynès 30 de xullo de 1989 Lotto-Belisol (2013) Aleksejs Saramotins 8 de abril de 1982 Cofidis (2012) David Tanner 30 de setembro de 1984 Belkin (2014) Jonas van Genechten 16 de setembro de 1986 Lotto-Belisol (2014) Larry Warbasse 28 de xuño de 1990 BMC Racing Team (2014) Marcel Wyss 25 de xuño de 1986 NetApp (2012) Oliver Zaugg 9 de maio de 1981 Trek Factory Racing (2015)

Mellores resultados

En letra grosa as vitorias no UCI WorldTour

Campionatos nacionais

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web oficial

Categoría:Equipos ciclistas