Oinousses (, formas alternativas: Aignousa (Αιγνούσα) ou Egnousa (Εγνούσα)) é un grupo de illas conformado unha illa grande e 8 illas máis pequenas a uns 2 km da costa nordés da illa grega de Quíos e a 8 km ao oeste de Turquía.

Historia e características Administrativamente as illas forman un municipio dentro da unidade rexional de Quíos, que forma parte da rexión do Exeo Setentrional. A cidade principal das illas e cabeceira do municipio tamén se chama Oinousses.Kallikratis law Greece Ministry of Interior Oinousses ten unha pequena poboación residente, que viven principalmente na cidade Oinoússes (pob. 792), e nun mosteiro de recente construción. A cidade céntrase nun cadrado e un pequeno porto; que inclúe unha escola, varias igrexas, unha escola secundaria Naval e un museo marítimo. Os únicos outros asentamentos poboados son Kástron (pob. 29) e Aspalathrókampos (5).

A gran maioría da forza laboral da illa dedícase á navegación, a pesca e o pastoreo de cabras.

As illas son famosas por ser a orixe dun conxunto infrecuente de exitosas familias de navieiros: as familias Lemos, Pateras, Hadjipateras, Kollakis e Lyras. Mentres que a maioría destas familias viven agora noutro lugar a maior parte do ano, as illas e a cidade están ben coidados cunha gran conexión naval. Os oinoussianos no estranxeiro destacan polas súas exitosas habilidades empresariais na industria do transporte industrial. Aínda que o número de empresas de explotacións de buques oinoussianos diminuíu desde o seu apoxeo na década de 1960 aínda manteñen unha posición formidable na industria do transporte industrial.

As illas do arquipélago 330px|right|Illas Oinousses O arquipélago Oinousses comprende as seguintes illas. A máis grande é Oinousses ou Egnoussa (14´3 km²), a segunda máis grande é o illote Pasas ou Panagia (2´5 km²) e o terceiro máis grande é o illote Vatos.

Oinousses ou Egnoussa (Οινούσσες) Agios Panteleimon (Άγιος Παντελεήμων) Archontoniso (Αρχοντόνησο) Gadros (Γάδρος) Gaidouronisos (Γαϊδουρόνησος) Mallaropetra (Μαλλιαρόπετρα) Monaftis (Μονάφτης) Nisi Panagias (Νησί Παναγιάς) Nisi Pittas (Νησί Πίττας) Papapondikadiko (Παπαποντικάδικο) Pasas ou Panagia (Πασάς) Pateroniso (Πατερόνησο) Pontikonisi (Ποντικονήσι) Prassonisia (Πρασονήσια) Santa Panagia (Σάντα Παναγιά) Vatos (Βάτος)

Poboación histórica Ano Poboación 1981 705 1991 636 2001 1.050 2011 826

Referencias

Véxase tamén Outros artigos Lista de illas de Grecia

Categoría:Illas do Mediterráneo Categoría:Illas de Grecia