Epidat é un proxecto non lucrativo iniciado a principios dos anos 90, na Dirección Xeral de Saúde Pública da Xunta de Galicia. Consiste no desenvolvemento e difusión dun programa de libre distribución para a análise estatística e epidemiolóxica de datos. Por ofrecer posibilidades en ocasións novidosas, pola súa amigabilidade e a pola calidade das súas axudas, a aplicación conseguiu unha grande aceptación nos países de Iberoamérica.
O desenvolvemento das primeiras versións de Epidat integrouse no marco dun convenio de colaboración firmado pola Organización Panamericana de la Salud (OPS) e a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia; na actualidade a OPS presta o seu apoio institucional ao proxecto e a Universidade CES de Colombia sumouse dende 2012 como organismo auspiciador.
Evolución do proxecto
Versión Lanzamento Descrición 1.0 Decembro de 1994 Sistema operativo: MS-DOS Módulos: Axustes Mostras Concordancia Táboas Contrastes 2.0 Xuño de 1997 Sistema operativo: Windows Módulos: Axustes Mostras Concordancia Táboas Probas diagnósticas Inferencias Priorización 2.1 Xuño de 1998 Tradución ao galego, catalán, portugués e inglés 3.0 Marzo de 2004 Sistema operativo: Windows 98 Módulos: Axustamento de taxas Demografía Mostraxe Distribucións de probabilidade Probas diagnósticas Concordancia e consistencia Táboas de continxencia Inferencia sobre parámetros Análise bayesiana Vixilancia en saúde pública Metaanálise Xerarquización 3.1 Xaneiro de 2006 Corrección de erros e tradución ao galego, portugués e inglés 4.0 Abril de 2011 Programado en Java Aplicación modular e multiplataforma
Módulos: Análise descritiva Mostraxe Concordancia e consistencia Axustamento de taxas Demografía Estimación da mortalidade atribuída Distribucións de probabilidade Medición de desigualdades en saúde 4.0.1 Xullo de 2012Inclusión do módulo: Análise bayesiana 4.1 Outubro de 2014Tradución ao galego e portugués Inclusión dos módulos: Inferencia sobre parámetros Regresión loxística
Modificación do módulo: Medición de desigualdades en saúde 4.2 Xullo de 2016Tradución ao inglés Inclusión do módulo: Índices de desenvolvemento ou privación
Características do programa
Na actualidade están dispoñibles para o seu uso as versións 3.1 e 4.2. A coexistencia de ambas versións débese a que, de momento, no foi incorporado todo o contido da versión 3.1 á 4.2.
Epidat 3.1
Nesta versión do programa poden destacarse tres características básicas: un contorno que segue os estándares de Windows, a incorporación de técnicas específicas que non se atopan habitualmente neste tipo de programas e un enfoque expositivo nas axudas, concibidas co afán de facilitar a comprensión non soamente das regras de explotación do programa senón tamén da esencia conceptual das técnicas que contén.
Epidat 4.2
Entre as características da versión 4 cabe destacar tres das máis relevantes: A linguaxe de programación empregada foi Java, o que lle outorga unha gran versatilidade e permite o seu funcionamento en diferentes sistemas operativos (Windows, Linux, Mac OS X). Presenta unha articulación modular que facilita as actualizacións do programa, de forma que a partir dun contorno xeral pódense engadir módulos á aplicación. O programa está dispoñible en 4 idiomas: galego, castelán, portugués e inglés.
O resto de características desta nova versión concéntranse nos tres elementos distintivos do programa, que son o contorno, o contido e a axuda.
O contido de Epidat 4 estruturouse nos 19 módulos seguintes:
{| class="wikitable" border="1" cellpadding="5" cellspacing="0" |- ! width="250" rowspan="2" | Módulo ! colspan="2" | Dispoñibilidade |- ! width="100" | Versión 3.1 ! width="100" | Versión 4.2
| 1. Análise descritiva | Non | Si |- | 2. Depuración e imputación de datos | Non | En desenvolvemento |- | 3. Mostraxe | Si | Si |- | 4. Inferencia sobre parámetros | Si | Si |- | 5. Táboas de continxencia | Si | En desenvolvemento |- | 6. Concordancia e consistencia | Si | Si |- | 7. Probas diagnósticas | Si | En desenvolvemento |- | 8. Axustamento de taxas | Si | Si |- | 9. Demografía | Si | Si |- | 10. Estimación da mortalidade atribuída | Non | Si |- | 11. Regresión loxística | Non* | Si |- | 12. Análise de supervivencia | Non | En desenvolvemento |- | 13. Distribucións de probabilidade | Si | Si |- | 14. Análise bayesiana | Si | Si |- | 15. Meta-análise | Si | En desenvolvemento |- | 16. Vixilancia en saúde pública | Si | En desenvolvemento |- | 17. Índices de desenvolvemento ou privación | Non** | Si |- | 18. Medición de desigualdades en saúde | Non** | Si |- | 19. Métodos de avaliación económica | Non | En desenvolvemento
(*) Na versión 3.1 o módulo Táboas de continxencia contén unha versión limitada desta técnica. (**) Os módulos de Índices de desenvolvemento ou privación e Medición de desigualdades en saúde inclúen o contido do módulo de Xerarquización da versión 3.1.
Descargar
Epidat é un programa de libre distribución e unha copia do mesmo pode obterse gratuitamente nos seguintes enlaces:
Descargar Epidat 3.1
Descargar Epidat 4.2
Bibliografía Hervada Vidal X, Santiago Pérez MI, Vázquez Fernández E, Castillo Salgado C, Loyola Elizondo E, Silva Ayçaguer LC. Epidat 3.0 programa para análisis epidemiológico de datos tabulados. Rev Esp Salud Pública. 2004;78(2):277-80. Santiago Pérez MI, Hervada Vidal X, Naveira Barbeito G, Silva LC, Fariñas H, Vázquez E et al. El programa Epidat: usos y perspectivas. Rev Panam Salud Pública. 2010;27(1):80-2.
Categoría:Estatística Categoría:Epidemioloxía Categoría:Soporte lóxico científico