Ceol de Wessex (tamén chamado Ceola ou Ceolric) foi un rei de Wessex. Traxectoria Fillo de Cutha (fillo, á súa vez, de Cynric), reinou desde 591/592 até 597, despois de suplantar ao seu tío Ceawlin tras vencelo nunha batalla nun lugar chamado Woden's Barrow ou Wodnesbeorg, en Wiltshire. Así, arrebatou o trono ao seu lexítimo herdeiro, o fillo de Ceawlin Cuthwine. Tras a súa morte, o trono pasou ao seu irmán Ceolwulf, porque o seu fillo Cynegils de Wessex era demasiado novo para asumilo, algo ben visto entre os saxóns. A liña de Ceol Ceol foi fundador dunha sub-familia real de Wessex, que gobernou en diferentes períodos até o século VII: 591-645, 648-674 e 676-685, abarcando os seguintes monarcas: Ceol, Ceolwulf, Cynegils, Cenwalh, Seaxburh e Centwine. Doutra banda, Coenwulf de Mercia e Ceolwulf I de Mercia considerábanse descendentes de Ceol, o que significaría que tres séculos despois da súa morte a liña de Ceol seguía presente. Notas Ceol of Wessex na Encyclopædia Britannica. 2009. Encyclopædia Britannica Online. 14 Feb. 2009 Xenealoxía do Reino de Wessex (512/664) en Reis e Reinos Xenealoxías.

Categoría:Finados en 597 Categoría:Nados no século VI Categoría:Reis de Wessex